[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Illas Santa Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de agosto de 2007 ás 20:38 por 91.117.17.30 (conversa) (Nova páxina: thumb|250px|Localización das Illas Santa Cruz. As '''Illas Santa Cruz''' son un grupo de illas situadas no sur do [[Océano Pacífi...)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Localización das Illas Santa Cruz.

As Illas Santa Cruz son un grupo de illas situadas no sur do Océano Pacífico. Pertencen ás Illas Salomón e forman parte da provincia de Temotu. Distan aproximadamente 400 km da cadea principal das illas Salomón e atópanse xusto ao norte do archipielago de Vanuatu, do que se consideran unha prolongación xeográfica.

A illa de maior extensión do archipielago é Nendö, seguida por Vanikolo, que se trata realmente de dúas illas, Banie e Tevai, e Utupua. A principal cidade e capital da provincia de Temotu é Lata, situada na illa de Nendö.

As illas de Santa Cruz teñen menos de cinco millóns de anos e formáronse a partir da subducción da placa indoaustraliana baixo a pacífica. A illa esta formada por pedra calcaria e cinzas volcánicas. A maior elevación das illas atópase en Vanikoro e ten 924 metros de altitude.

Moitas veces emprégase o nome de Santa Cruz para designar a toda a provincia de Temotu.

As illas foron descubertas por Álvaro de Mendaña na súa segunda viaxe ás Salomón, en 1595. Mendaña morreu na illa de Nendö que el mesmo chamara Santa Cruz.