[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Jared Cunningham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de outubro de 2022 ás 00:19 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2)

Modelo:Xogador da NBA Jared Armon Cunningham, nado o 22 de maio de 1991 en Oakland (California), é un xogador e baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria

Cunningham foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Os seus dereitos foron traspasados pouco despois de ser elixido xunto a Jae Crowder e Bernard James ós Dallas Mavericks, a cambio de Tyler Zeller e Kelenna Azubuike. Asinou o seu contrato o 21 de xullo de 2012.[1] O 11 de decembro de 2012, Cunningham foi enviado ó afiliado dos Mavericks na NBA D-League, os Texas Legends, tras facer 2.3 puntos en 3.4 minutos por partido.[2] Foi chamado de volta o 31 de decembro de 2012.[3]

O 27 de xuño de 2013, Cunningham foi traspasado ós Atlanta Hawks durante o Draft de 2013.[4] O 22 de febreiro de 2014, foi cortado polos Hawks.[5]

O 31 de marzo de 2014, asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings.[6] O 10 de abril de 2014, asinou cos Kings para o resto da tempada.[7]

O 29 de setembro de 2014, asinou cos Los Angeles Clippers.[8] O 7 de xaneiro de 2015 foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Cenk Akyol ós Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos do Draft de Sergei Lishouk.[9] Ese mesmo día, foi cortado polos Sixers.

Notas

  1. "Mavs sign first-rounder Jared Cunningham". ESPN. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  2. "Mavs send 1st-round pick Cunningham to D-League". Chron. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  3. "Mavericks recall Jared Cunningham". ESPN.com. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  4. Atlanta Hawks 2013 Draft Central
  5. "Atlanta Hawks waive Jared Cunningham". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  6. KINGS SIGN JARED CUNNINGHAM TO 10-DAY CONTRACT
  7. KINGS SIGN JARED CUNNINGHAM FOR REMAINDER OF THE SEASON
  8. "Clippers Announce 2014-15 Training Camp Roster". NBA.com. 29 de setembro de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2014. 
  9. Clippers Trade Cunningham To 76ers

Véxase tamén

Ligazóns externas