José Malhoa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1882) | |
Nome orixinal | (pt) José Vital Branco Malhoa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de abril de 1855 Caldas da Rainha, Portugal |
Morte | 26 de outubro de 1933 (78 anos) Figueiró dos Vinhos, Portugal (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Francia España Portugal |
Ocupación | pintor |
Movemento | Realismo |
Alumnos | Albino Armando (pt) e Laura Sauvinet (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
José Vital Branco Malhoa, máis coñecido coma José Malhoa, nado en Caldas da Rainha o 28 de abril de 1855 e finado en Figueiró dos Vinhos o 26 de outubro de 1933, foi un pintor e profesor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 12 anos entrou na escola de Belas Artes, onde destacaría polas súas enormes facultades e calidades artísticas.
Realizou numerosas exposicións, tanto en Portugal como no estranxeiro, principalmente nas cidades de Madrid, París e Río de Xaneiro. Foi pioneiro do naturalismo en Portugal, tendo integrado o Grupo do Leão. Destacou tamén por ser un dos pintores portugueses que máis se aproximou á corrente artística impresionista.
Foi o primeiro presidente da Sociedade Nacional de Belas Artes e foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de Santiago. En 1933, ano da súa morte, foi creado o Museo de José Malhoa en Caldas da Rainha.
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- O Ateliê do Artista (1893/4)
- Os Bêbados (1907)
- O Fado (1910)
- Praia das Maçãs(1918)
- Clara (1918)
- Outono (1919)
Biliografia
[editar | editar a fonte]- Henriques, P.: José Malhoa; INAPA, Lisboa, 1996. ISBN 972-9019-87-8