José María Arellano Igea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1885 Corella, España |
Morte | 26 de maio de 1963 (78 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
xuño de 1937 – febreiro de 1938 | |
Gobernador civil de Biscaia | |
3 de outubro de 1936 – 13 de xuño de 1937 | |
Civil governor of Gipuzkoa (en) | |
3 de outubro de 1936 – 13 de xuño de 1937 | |
Gobernador civil de Huelva | |
febreiro de 1931 – 14 de abril de 1931 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca - dereito Universidade de Oviedo - dereito |
Actividade | |
Ocupación | político, xurista |
José María Arellano Igea, nado en Corella (Navarra) o 15 de maio de 1885 e finado en Madrid o 26 de maio de 1963, foi un avogado e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito en Oviedo e Salamanca. Traballou de pasante con Juan de la Cierva en Madrid. Marchou a Bilbao, onde foi profesor no Colegio de San Antonio (1910-1913), e director do semanario Luz y Taquígrafos. A finais de febreiro de 1931 foi nomeado Gobernador civil de Huelva[1], cesando ao proclamarse a Segunda República.
Antirrepublicano, defendeu ante os tribunais a Xunta Política de Falange. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, o 3 de outubro foi nomeado Gobernador civil xeral de Guipúscoa e Biscaia, permanecendo no cargo ata o 13 de xuño de 1937. Fiscalizou toda a depuración política e a reentronización da Igrexa católica. Pasou a ser gobernador civil da Coruña. Permaneceu no posto até febreiro de 1938, cando foi nomeado Director Xeral de Rexistros e do Notariado en Madrid e tamén foi Letrado xefe do Corpo técnico da Subsecretaría do Ministerio de Xustiza. En febreiro de 1949 foi concelleiro de Corella e deputado foral por Tudela. En 1957 regresou a Madrid definitivamente.
Obras
[editar | editar a fonte]- Legislación del Registro Civil, 1939.
- Fundamentos legales para una demanda, 1946.
- Las obligaciones, los contratos y la prescripción en el Derecho navarro, 1946.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 1-3-1931, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: José María Arellano Igea |