[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Kjell Magne Yri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de novembro de 2016 ás 18:07 por HacheDous=0 (conversa | contribucións)

Kjell Magne Yri , nado en Hareid o 5 de novembro de 1943 é un sacerdote, lingüista e tradutor noruegués.

Traxectoria

Estudou teoloxía na facultade de teoloxía graduándose en 1970.[1][2] Realizou un minor en grego na Universidade de Oslo, e tamén estudou latín e hebreo. A Misión Luterana Norueguesa sentían que a tradución oficial norueguesa era demasiado liberal e encargáronlle realizar unha nova versión ao noruegués do Novo Testamento para uso interno, aínda que Yri non concordaba coa visión conservadora do grupo aceptou a proposta e traballou nesa tradución de 1968 a 1973.[1] [2]

En 1973 viaxou coa súa familia a Etiopía para servir como sacerdote. Aprendeu amhárico e oromo, e máis tarde traballou na zona sidama, e mentres realizou o seu traballo misioneiro alí traduciu o Novo Testamento ao sidamo [3] rematando a tradución en 1988 .[1]

En 1989 deixou a Misión Luterana Norueguesa e volveu estudar na Universidade de Oslo, doutorouse en 1996 e desde 2000 é profesor asociado. Desde 2002 a 2007 dirixiu un proxecto de investigación sobre as linguas de Etiopía.[1]

Realizou a súa tese de doutoramente en 1996, publicada en 1998 co título de My father taught me how to cry, but now I have forgotten. The semantics of religious concepts with an emphasis on meaning, interpretation, and translatability. Ademais escribiu numerosos artigos de lingüística que apareceron en diversas publicacións especializadas

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Toft, Martin "Den dansande misjonærlingvisten". Uniforum, 19 de febreiro de 2009. pp. 6–7.
  2. 2,0 2,1 "Kjell Magne Yri 60 år 5. november" (in Norwegian).
  3. Eugene A. Nida Contexts in Translating. John Benjamins Publishing, p. 101