[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Paola Cavalieri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaola Cavalieri

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1950 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitos dos animais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Milán Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofa Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1327944

Paola Cavalieri, nada en Roma o 26 de outubro de 1950, é unha filósofa italiana coñecida polo seu traballo a favor dos dereitos dos grandes simios e outros animais. Autora de varios libros, foi ademais editora de Etica & Animali, unha revista académica internacional de filosofía, entre 1988 e 1998.

O seu traballo teórico centrouse na cuestión dos dereitos dos animais. Superando a contraposición entre utilitarismo e deontoloxía, Cavalieri sostivo que a doutrina dos dereitos humanos debe incluír tamén ao resto dos animais.[1] En concreto, refírese a dereitos fundamentais como o dereito a vivir en liberdade ou a non sufrir innecesariamente. Neste sentido, o termo dereito posúe un sentido tanto moral como legal. A súa postura é, xa que logo, máis específica que a doutros animalistas, como os defensores do benestar dos animais (en inglés, animal welfare).

En específico, Cavalieri defendeu a causa dos dereitos dos grandes simios. Sobre este tema, publicou o libro The Great Ape Project (1994), xunto co filósofo australiano Peter Singer, de onde xurdiu o Proxecto Gran Simio.[2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. Cavalieri 1999.
  2. "Proyecto Gran Simio 1993". www.filosofia.org (en castelán). Consultado o 2024-07-30. 
  3. "The Foundation’s Prizes". www.giordano-bruno-stiftung.de (en inglés). 2011-03-29. Consultado o 2024-07-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]