[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Planificación urbanística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de abril de 2017 ás 13:49 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Arranxos varios)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Planificación urbanística do enxeñeiro Cerdà para o Eixample de Barcelona.

A planificación urbanística é a disciplina de planificación do uso do chan que abrangue aspectos da construción e das actividades sociais dos concellos e comunidades. Outras disciplinas treballan a unha escala inferior, como a enxeñería, a arquitectura, a paisaxe urbana e o deseño urbano. No senso contrario, a planificación rexional ou metropolitana, é o instrumento que planifica ámbitos supra-municipais, especialmente nas áreas de influencia das grandes cidades.

Outro elemento da planificación urbanística é a rehabilitación e rexeneración do espazo urbano adaptando os criterios construtivos, a cualificación construtiva e as infraestruturas obsoletas ás novas necesidades sociais.

A planificación urbanística nace como disciplina a metade do século XIX. Porén, o crecemento de moitas cidades ó longo da historia xa se producira seguindo uns determinados criterios de deseño e funcionalidade predeterminados na construción.

Cando a agricultura se implantou nas sociedades nómades, aparecen os asentamentos permanentes da poboación. As primeiras cidades nacen cunha orientación comercial, defensiva e como centros de redistribución da produción agrícola. O asentamento dos edificios e centros de actividade dispóñense de forma desordenada arredor de camiños e ríos en función da oportunidade. Contra o terceiro milenio aC. aparecen os primeiros indicios de planificación e xestión urbana a Ur entre o Tigris e o Éufrates no actual Iraq e no Val do Indo, na actual India. As rúas destas primeiras cidades a miúdo estaban pavimentadas e se trazaba unha incipiente trama urbana con rúas en ángulos rectos. Tamén existía certa zonificación funcional separando zonas de actividade comercial, residenciais, etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]