Randolph Churchill
Lord Randolph Henry Spencer-Churchill, nado o 13 de febreiro de 1849 e finado o 24 de xaneiro de 1895, foi un político británico do século XIX, coñecido por ser o pai do futuro Primeiro Ministro, Winston Churchill. En 1906 publicou a súa biografía, Lord Randolph Churchill.
Durante a súa carreira política no Partido Conservador, liderou unha corrente máis progresista dentro do seu partido chamada Tory Democracy, e foi Ministro de Facenda e Líder de Cámara dos Comúns. Antes fora secretario de estado para a India.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Randolph foi o terceiro fillo de John Winston Spencer-Churchill, o sétimo Duque de Marlborough, e a súa muller, lady Frances Anne Emily Vane (1822-1899), filla de Charles William Vane, terceiro Marqués de Londonderry. Nado no palacio de Blenheim (Oxfordshire), estudou en Eton e na Universidade de Oxford.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]No 1874 Churchill contraeu matrimonio coa estadounidense Jennie Jerome. O seu fillo, Winston Churchill, ocupou o cargo de Primeiro Ministro durante e despois da segunda guerra mundial. O seu segundo fillo foi John Strange Spencer-Churchill (1880-1947), Maior do Exército Británico.
Vida pública
[editar | editar a fonte]Churchill foi elixido deputado da Cámara dos Comúns en 1874 e uniuse ao Partido Conservador. Foi un membro pouco activo ata 1880, data na que a derrota conservadora situoulle nun primeiro plano como líder do chamado fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do Partido Conservador (tory) e do liberal (whig). Este grupo defendía un programa progresista para o Partido Conservador coñecido como 'democracia tory'. Churchill sobresaíu como orador documentado e orixinal, que destacaba polas súas críticas á política tanto exterior como interior do primeiro ministro William Ewart Gladstone. Cando os conservadores volveron ao poder en 1885, Churchill pasou a ser secretario de Estado para a India. O acontecemento máis relevante do seu mandato foi a anexión de Birmania. En 1886 foi presidente da Cámara dos Comúns e ministro de Facenda durante seis meses, pero dimitiu por rexeitar un incremento do orzamento para gastos militares. A partir deste intre non volveu tomar parte na vida pública.
Unha curiosidade referente a este político, é que moitos anos despois do seu falecemento, foi acusado de integrar unha banda de conspiradores para asasinar a quen hoxe día son coñecidas como as vítimas de Jack o Destripador. Esta teoría, ao presente está desacreditada, e tivo por promotor ao escritor Stephen Knight, autor do ensaio titulado "Jack the Ripper: The Final Solution". A hipótese foi obxecto de libros posteriores, que a ampliaron, insistindo na participación de Lord Randolph Churchill nesta trama.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pombo, Gabriel (2015). "Jack el Destripador: La leyenda continúa". editorial Torre del Vigía, Montevideo (ISBN 978 9974 99 868 1): 202–203.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jenkins, Roy (2002). Churchill. Barcelona: Ediciones Península. ISBN 10: 0333782909 ISBN 13: 9780333782903
- Winston S. Churchill: Lord Randolph Churchill.Odhams Press, Londres, 1905
- Volume I
- Volume II
- R. F. Foster (1981): Lord Randolph Churchill: A Political Life. Oxford University Press, Reprints 1983 + 2001, ISBN 978-0198227564.[1]
- Biographies de Jennie Jerome par A. Leslie (1969) et R. G. Martin (2 vol., 1969–1971).
- ↑ Foster, R. F.; Foster, Robert Fitzroy (1981). Lord Randolph Churchill: A Political Life (en inglés). Clarendon Press. ISBN 978-0-19-822679-6.