Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega
Gimnástica de Torrelavega | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega | ||
Alcume(s) | Gimnástica, gimnásticos, blanquiazules, torrelaveguenses, montañeses, portugueses, club del Besaya | ||
Fundación | 1907 | ||
Estadio | El Malecón, Torrelavega, España | ||
Inauguración | 1922 | ||
Capacidade | 10.000 | ||
Presidente | Pablo Sámano | ||
Adestrador | Ezequiel Loza | ||
Liga | 2ªB – Grupo 3 | ||
2012–13 | 13º | ||
Na rede | |||
http://www.rsgimnasticatorrelavega.es/ | |||
| |||
A Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega, habitualmente coñecido como Gimnástica, é un club de fútbol español da cidade de Torrelavega, en Cantabria. Foi fundado en 1907, é o club decano de Cantabria, e en 2007 leváronse a cabo os actos conmemorativos do Centenario da súa fundación.
Actualmente milita en Segunda División B, aínda que disputou 8 tempadas en Segunda. Conta cuns 2.000 socios e varios equipos filiais competindo en categorías rexionais.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta a raias verticais brancas e azuis, pantalón branco, medias azuis con raias horizontais brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias de cor azúl.
- Terceiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias de cor vermella.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio de El Malecón.
A Gimnástica xoga os seus partidos no Estadio de El Malecón, con capacidade para 10.000 persoas, inaugurado en 1922. O estadio rexistrou cheos importantes, por encima ata da súa capacidade, en sendas eliminatorias de Copa do Rei celebradas o 30 de abril de 1967 ante o Real Madrid (2-2) e o 10 de xaneiro de 2001 ante o FC Barcelona (0-1).
Actualmente está pendente dunha futura remodelación total da que depende en boa parte un prometedor futuro para o club, pero continuos problemas de índole económico e político están atrasando algo longo tempo demandado pola afección.
O estadio empezouse a remodelar en 2009 e acabarase en 2011, e contará con capacidade para 6.007 espectadores. O orzamento total ascende a 5.702.397,66 € e o seu prazo de execución previsto é de 27 meses.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 9
- Tempadas en 2ªB: 20 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en 3ª: 45
- Mellor posto en liga: 4º (2ª División tempadas 1928-29 e 1949-50)
- Peor posto en liga: 16º (2ª División tempada 1967-68)
- Mellor clasificación en Copa: oitavos de final (1929, 2001)
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores da Gimnástica de Torrelavega.
Cadro 2009/10
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División B de España (1): 1999-00
- Terceira División de España (9): 1933-34, 1960-61, 1963-64, 1964-65, 1989-90, 1995-96, 2005-06, 2007-08, 2008-09
- Subcampión da Terceira División (9)
Outros logros
[editar | editar a fonte]- VII Trofeo Invicto Don Balón (2008-09), desde a súa creación en 2001 foi o equipo que máis partidos estivo sen perder (27 partidos)
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega B.
O club mantén un equipo filial, a Gimnástica B, que xoga na Rexional Preferente. O filial utiliza os mesmos cores que o primeiro equipo nos seus uniformes e chegou a militar dúas tempadas en Terceira (1994-95 e 2006-07); en ambas as tempadas logrou a permanencia na categoría, pero o descenso do primeiro equipo a Terceira supuxo o seu descenso a Rexional Preferente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da GimnásticaArquivado 17 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- Páxina da afección da Gimnástica Arquivado 08 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.