[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Relación sexual humana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de maio de 2017 ás 18:21 por Jglamela (conversa | contribucións) (Arranxos)
Cópula entre leóns

O coito (do latín: co-iter, ‘marcha en común' ou ‘ir en común') é a cópula ou unión sexual entre dous individuos de distinto ou do mesmo sexo, da mesma ou diferente especie animal. Nos seres humanos o coito é unha parte da relación sexual, e implica a participación dos órganos xenitais externos.

Coito vaxinal

Debuxo de parella hemiseccionada durante o coito; Leonardo da Vinci

O coito vaxinal consiste na penetración do pene na vaxina.

A forma primixenia (xa que esta existe noutros mamíferos de modo case excluínte) do coito vaxinal é o chamado a tergo, isto é: a penetración do pene na vaxina realízase estando a femia de lombos ao macho, adoita estimular o clítoris e incluso o área anterior da vaxina, o comunmente chamado punto G (de Graffenberg).

Esta posición sexual adoita ser chamada «pose dos cans» ou levrette se a muller está apoiada sobre súas pernas e brazos («en catro patas»), aínda que os modos a tergo tamén se realizan cando a muller penetrada vaxinalmente éo de lombos (por exemplo «en culleriña»: deitada apoiándo a súas costas no home).

Á parte da forma a tergo, é moi común a forma frontal, vulgarmente chamada «pose do misioneiro» xa que se adxudica, improbablemente, a introdución desta forma de practicar o coito en Oceanía aos misioneiros cristiáns.

Tradicionalmente impúñase que a muller «debía» estar deitada embaixo do home, aínda que desde a segunda metade do século XX fixéronse comúns diversas posturas de coito vaxinal. Por exemplo, a «pose de Andrómaca» coa muller como «dacabalo» do home deitado. Esta pose dá máis posibilidade de movementos tanto á muller como ao home, xa que ambos poden usar as súas mans para acariciar outras partes do corpo.

Coitus interruptus (marcha atrás)

Chámase coitus interruptus ou coito interrompido cando ao final do coito a exaculación ocorre fóra da vaxina.

Esta práctica de sacar o pene da vaxina xusto antes da exaculación considerouse como un método anticonceptivo natural durante moito tempo, pero non é unha maneira segura de evitar o embarazo xa que o líquido preseminal —a segregación previa á exaculación— tamén contén seme. Non protexe aos integrantes da parella das ETS (como a sida ou sífilis)

Sexo anal

Posición coital do «can»
Artigo principal: Sexo anal.

No sexo anal a penetración realízase no ano da parella (xa sexa este home ou muller). O termo «coito anal» non se utiliza na linguaxe usual. En linguaxe académico chámase ás veces «pedicación» (do latín pœdicatio ou pœdicationis).

A persoa que é penetrada pode exercer forza cos músculos do esfínter anal, apertando o pene e aumentando a sensación pracenteira. O seme exaculado queda depositado no recto ata que os excrementos sigan o seu curso natural ao exterior.

A mucosa anal carece de lubricación e é aínda máis fácil de irritar que a vaxina, polo cal, desde a detección do VIH, o virus que causa a sida, promoveuse o uso do preservativo entre as persoas que practican sexo anal, para evitar un posible contaxio.

Sexo oral

Sexo oral de cunnilingus
Artigo principal: Sexo oral.

O sexo oral posúe catro variantes:

  • a felación (estimulación do pene cos beizos e a lingua);
  • a irrumación (onde é o pene o que promove todos os movementos coitales na boca);
  • o cunilinguo (estimulación da vulva e o clítoris cos beizos e a lingua);
  • o anulingus ou bico negro (estimulación do ano cos beizos e a lingua).

Unha variante de sexo oral é a posición popularmente coñecida como 69, na cal os integrantes da parella estimulan, cada cal e ao mesmo tempo, coa súa lingua, beizos etc, os xenitais da parella.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas