[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Río Lahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de outubro de 2021 ás 16:23 por Chairego apc (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «na Alemaña»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Río Lahn
O río Lahn ao paso por Runkel
PaísAlemaña
Lonxitude242 km
DesembocaduraRío Rhin
Mapa co río Lahn en Alemaña

O Lahn é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rhin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 242 km. A súa bacía cobre unha área de 5.964 km².

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Lahn nace na Rootharrgebirge a uns 600 msnm e desauga no Rhin en fronte da cidade de Coblenza (en alemán Koblenz).

O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Hessen, Renania-Palatinado e máis Renania do Norte-Westfalia.

Entre as cidades importantes que baña, cómpre destacar Marburg, Gießen, Wetzlar, Limburg e Coblenza.