[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Tinguidura de Gram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tinguidura de Gram ou coloración de Gram é un método utilizado para atopar a presenza de bacterias en mostras histolóxicas. A tinguidura diferencia as bacterias grampositivas (GRAM +) das gramnegativas (GRAM -).

Fundamento

[editar | editar a fonte]

Nas mostras histolóxicas non permiten identificar especialmente a bacteria específica, pero si poñer de manifesto a súa presenza no tecido e mostrar algunhas das súas características morfolóxicas básicas. Mediante esta técnica é posible identificar se son cocos (corpos esféricos), bacilos (corpos alongados), ou espiroquetas (corpos enrolados en espiral); e incluso unha vez tinguidos diferenciar as GRAM + (azul/negro), GRAM- (vermello) ou as ácido-alcohol resistentes.

As bacterias GRAM+ posúen unha cápsula rica en grumos susceptibles de formar enlaces estables co violeta de metilo previo tratamento con lugol.

Preparación da mostra histolóxica

[editar | editar a fonte]

O fixador ideal para este tipo de técnica é unha solución de formol, e o corte óptimo é de 5 micras.

Reactivos

[editar | editar a fonte]
  1. Violeta de metilo
    1. 100cc Metanol ó 25%
    2. 0,5gr. Violeta de metilo (cristais)
  1. Iodo de GRAM (Lugol):
    1. 1gr. Iodo
    2. 2gr. Ioduro potásico
    3. 300cc Auga destilada
  1. Alcohol Iodado
    1. 1cc Tintura de Iodo
    2. 99cc Alcohol absoluto

Procedemento

[editar | editar a fonte]
  1. Desparafinar con xilol (2 cubetas, 3 minutos cada unha)
  2. Hidratar con alcohol de 95% e 100% (3 minutos cada un).
  3. Tinguir coa solución de Violeta de metilo (30 seg.).
  4. Lavar con auga destilada.
  5. Lavar con Iodo de Gram (2 min).
  6. Diferenciar con Alcohol iodado ata que o alcohol quede un pouco tinguido co violeta de metilo.
  7. Lavar ben con auga destilada (varios baños se é preciso).
  8. Coloración de contraste con vermello neutro (3min).
  9. Lavar con auga destilada (un único baño).
  10. Deshidratar con alcohol de 95% e 100% (3 min cada un).
  11. Aclarar con xileno (3 min)[2cubetas].
  12. Montar nun medio resinoso.

Resultados

[editar | editar a fonte]
  1. Bacterias Gram +: negro azulado
  2. Bacterias Gram -: vermello

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sheehan, Dezna; Hrapchak, Barbara (1980). Theory and practice of Histotechnology. The C.V. Mosby Company (2 Ed ed.). 
  • Baker, J.R. (1964). The histochemical recognition of lipine. Science, 87: 441-447. 
  • ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnológicos. Instituto de patología de las Fuerzas Armadas de los EEUU (AFIP).