Unión Deportiva Las Palmas Atlético
Las Palmas Atlético | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Las Palmas Atlético | ||
Fundación | 1941 | ||
Estadio | Anexo do Estadio Gran Canaria, As Palmas, España | ||
Capacidade | 500 | ||
Presidente | Miguel Ángel Ramírez | ||
Adestrador | Víctor Afonso | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2012–13 | 1º (3ª – Grupo 12) | ||
Na rede | |||
http://www.udlaspalmas.es/ | |||
| |||
A Unión Deportiva Las Palmas Atlético é un club de fútbol español da cidade de Las Palmas, nas Illas Canarias. Foi fundado en 1941 e trátase do equipo filial da UD Las Palmas. Actualmente xoga na Segunda División B, logo de ascender na tempada 2012/13.
Historia
O Las Palmas Atlético foi fundado como tal en 1977 cando consegue o seu primeiro ascenso a Terceira División, aínda que desde 1941 existen precedentes de filiais, cando se fundou como Unión Atlética. En 1958 pasou a chamarse Las Palmas Aficionado.[1]
O equipo militou sempre entre a divisións Terceira e Segunda B, á que ascendeu por primeira vez en 1979, permanecendo tres tempadas consecutivas.
Na tempada 1984/85 alcanzou a final da Copa da Liga de Terceira División, que lle enfrontou á Unión Balompédica Conquense. Tras derrotar como local ao equipo de Cuenca por 2-0, caeu por 4-1 na prórroga do partido de volta.
O último ascenso produciuse na tempada 2007/08. Nesa mesma tempada recuperouse a denominación Las Palmas Atlético, en lugar de Las Palmas B que levaba desde 1991. Na tempada 2008/09 acabou no posto 16 debendo xogar unha eliminatoria de permanencia, que ao ser derrotado polo Sporting de Gijón B, devolveu ao equipo a Terceira División.
Na tempada 2012/13 quedou primeiro do grupo canario de Terceira División e xogou a eliminatoria de ascenso a Segunda División B contra o equipo asturiano CD Tuilla, ao que gañou por un global de 4-1.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias negras.
Datos do club
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 7 (Incluída a 2013/14)
- Tempadas en 3ª: 28
- Mellor posto histórico: 9º (2ªB, tempada 1979-80)
- Posto na clasificación histórica de filiais: 26º
Historial na liga
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1941–77 | Rexional | — |
1977/78 | 3ª | 5º |
1978/79 | 3ª | 1º |
1979/80 | 2ªB | 9º |
1980/81 | 2ªB | 12º |
1981/82 | 2ªB | 20º |
1982/83 | 3ª | 1º |
1983/84 | 3ª | 3º |
1984/85 | 3ª | 7º |
1985/86 | 3ª | 2º |
1986/87 | 3ª | 2º |
1987/88 | 2ªB | 17º |
1988/89 | 3ª | 2º |
1989/90 | 3ª | 1º |
1990/91 | 2ªB | 20º |
1991/92 | 3ª | 1º |
1992/93 | 3ª | 5º |
1993/94 | 3ª | 3º |
1994/95 | 3ª | 7º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1995/96 | 3ª | 4º |
1996/97 | 3ª | 9º |
1997/98 | 3ª | 3º |
1998/99 | 3ª | 1º |
1999/00 | 3ª | 1º |
2000/01 | 3ª | 3º |
2001/02 | 3ª | 13º |
2002/03 | 3ª | 4º |
2003/04 | 3ª | 8º |
2004/05 | 3ª | 10º |
2005/06 | 3ª | 13º |
2006/07 | 3ª | 1º |
2007/08 | 3ª | 2º |
2008/09 | 2ªB | 16º |
2009/10 | 3ª | 2º |
2010/11 | 3ª | 2º |
2011/12 | 3ª | 3º |
2012/13 | 3ª | 1º |
2013/14 | 2ªB | — |
Palmarés
Torneos nacionais
- Copa Federación (1): 1995
- Terceira División Española (7): 1979, 1983, 1990, 1992, 1999, 2000, 2007
- Subcampión da Terceira División (6): (1986, 1987, 1989, 2008, 2010, 2011
- Subcampión da Copa da Liga de Terceira División: 1984-85
Torneos amigables
- Trofeo Teide (2): 1979, 1980
- Torneo de San Ginés (9): 1970, 1971, 1974, 1976, 1979, 1980, 1982, 1988, 1994
- Trofeo San Antonio (1): 2008
Notas
- ↑ O filial: viveiro do fútbol canario Historia del Fútbol Canario.com