Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Unión Balompédica Conquense, habitualmente coñecida como Conquense, é un club de fútbol de España, da cidade de Cuenca, en Castela-A Mancha. Foi fundado en 1946 e xoga na Terceira División Española.
A Unión Balompédica Conquense naceu en 1946. Na tempada 1987-88 debuta na Segunda División B. Na tempada 2004/05 o equipo quedou entre os catro primeiros, clasificándose para a fase de promoción. Gañando na semifinal, foi derrotado na final polo Real Madrid B. A tempada seguinte o equipo descendeu á Terceira División. Na tempada 2006/07 o Conquense quedou primeiro no grupo castelán manchego con 92 puntos, seis por encima do Guadalajara. Na semifinal da fase de ascenso, derrotou ao CD San Fernando por un global de 2-0. Na final, enfrontouse á SD Negreira. A ida, xogada en Negreira concluíu cun empate sen goles. Na volta, disputada na Fuensanta o 24 de xuño de 2007, o Conquense gañou 3-0, marcando todos os goles na primeira parte, conseguindo dese modo o ascenso. Na tempada 2009/2010 finalizou 10º no grupo II.
Na tempada 2011-12 acaba en 16ª posición e xoga a promoción pola permanencia en Segunda B. O equipo perde contra o Real Zaragoza B 1-0 na ida e 0-3 en La Fuensanta e descende a Terceira.
- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 10
- Tempadas en 3ª: 36
- Tempadas en Categorías rexionais: 17
- Mellor posto na liga: 2º en Segunda B (tempada 04-05)
- Peor posto na liga: 19º en Segunda B (tempada 87-88)