Vicente Alsina Selisis
retrato de Antonio María Esquivel | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1794 A Coruña, España |
Morte | 1862 (67/68 anos) A Coruña, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
24 de xuño de 1854 – | |
Cónsul de España | |
1854 – 1856 | |
Alcalde da Coruña | |
1838 – 1839 (destitución) – Fermín Bescansa Mendioroz → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Vicente Ramón Alsina Selisis, nado na Coruña o 27 de outubro de 1794 e finado na mesma cidade en 1862, foi un político galego.
Traxectoria
Era fillo de Antonio Alsina, comerciante nacido na vila catalá de Arenys de Mar, e Juana Selises.
Durante a Guerra da Independencia española incorporouse ó exército como cadete, intervindo nalgunhas operacións nas que foi ferido. Licenciouse en 1813 co grado de subtenente. De volta na Coruña, participou de forma activa no alzamento liberal de 1820.
En 1823 participou na defensa da Coruña contra a invasión francesa, polo que máis tarde foi apresado. Participou nas corporacións municipais de 1833 e 1835 e foi alcalde desta cidade entre 1838 e 1839, cargo do que foi deposto como consecuencia da orde gobernativa que provocou o arresto de todos os progresistas de España.[1]
En 1840 participou no pronunciamento que se produciu, intervindo na Xunta Gobernativa da Coruña. Entre 1840 e 1843 volveu ser elixido deputado a Cortes, repetindo en 1853. Foi nomeado comandante da Milicia Nacional en 1841.[2]
En 1854 foi de novo nomeado alcalde da Coruña, cargo que deixou oito meses máis tarde para ir a Madrid como deputado a Cortes. Foi nomeado presidente da Deputación da Coruña o 24 de xuño de 1854,[3] e foi cónsul de España en Xibraltar entre 1854 e 1856.
Predecesor: Francisco Ortega |
Alcalde da Coruña 1838– 1839 |
Sucesor: Fermín Bescansa Medioroz |
Notas
- ↑ "Vicente Alsina, comerciante, naviero y político", en El Ideal Gallego, 18 de marzo de 2017 (en castelán)
- ↑ Escribanía de plata: testimonio de aprecio al diputado Alsina, en www.congreso.es (en castelán)
- ↑ Listado de presidentes de la Diputación de La Coruña, en http://arquivo.dacoruna.gal (en castelán)