[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Vincenzo Cerulli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de xuño de 2009 ás 09:33 por Krisko (conversa | contribucións) (Nova páxina: "'''Vincenzo Cerulli''' (Teramo, 20 de abril de 1859Merate, 30 de maio de 1927) foi un astrónomo e matemático italiano propietario du…")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Vincenzo Cerulli (Teramo, 20 de abril de 1859Merate, 30 de maio de 1927) foi un astrónomo e matemático italiano propietario dun observatorio privado en Teramo, a cidade onde naceu.

Biografía

Cerulli completou os seus estudos no Liceo Ginnasio de Teramo. Posteriormente matriculouse na Universidade de Roma, graduándose en física no ano 1881. Logo viaxou a Alemaña por un período de tempo para especializarse.

Cerulli foi un dos compiladores dun catálogo de estrelas xunto Elías Millosevich. Foi autor de numerosas observacións realizadas ao planeta Marte, así como un dos primeiros seguidores da teoría de que as famosas canles de Marte, observados por Giovanni Schiaparelli, non eran reais senón meras ilusións ópticas. O 2 de outubro de 1910 descubriu o enorme asteroide 704 Interamnia, de 350 km de diámetro.

Cerulli faleceu o 30 de maio de 1927 na pequena localidade de Merate (Lombardía). Anos máis tarde, en 1973, a Unión Astronómica Internacional acordou poñer o seu apelido a un cráter do planeta marciano, chamado Cerulli.

Bibliografía

  • AURINI, RAFFAELE (2002). Dizionario bibliografico della gente d'Abruzzo. Andromeda Editrice (italiano). ISBN 88-86728-96-4.