Vipsania (esposa de Varo)
Nome orixinal | (la) Vipsania Marcella Agrippina |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 a. C. |
Morte | valor descoñecido |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Vipsanii Agrippae (en) |
Cónxuxe | Públio Quintílio Varo |
Pais | Marco Vipsanio Agripa e Cláudia Marcela |
Irmáns | Vipsania Agripina Vipsania Attica Vipsânia Marcela Lucio César Caio César Júlia, a Jovem Agripina Agripa Póstumo Julla Antonia Lúcio Antônio Iullus Antonius |
Vipsania (en latín, Vipsania M. f. L. n. Marcella) nada probablemente entre o 28 e o 22 a. C., e ás veces chamada Vipsania Marcela para diferenciala das súas irmás, foi unha antiga nobre romana do século I a. C. Estaba casada co político Publio Quintilio Varo e era filla do xeneral romano Marco Vipsanio Agripa e da súa segunda esposa Claudia Marcella Maior (a sobriña do emperador Augusto),[1] aínda que non se pode descartar que fose filla de Pomponia Cecilia Ática.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Vipsania probablemente naceu entre o 28 a. C. e o 22 a. C. de Marco Vipsanio Agripa e a súa segunda esposa Claudia Marcela Maior, a filla máis vella da irmá do emperador Augusto, Octavia Menor. Esta hipótese é refutada por Meyer Reinhold, quen considerou que era filla da primeira esposa de Agripa, Pomponia Cecilia Ática.[2][3]
Pénsase que tivo unha irmá máis nova e dúas medias irmás máis vellas (unha que casou con Quinto Haterio e outra chamada Vipsania Agripina que casou co futuro emperador Tiberio).[4] así como cinco medio irmáns máis novos chamados Caio César, Lucio César, Agripina Maior, Vipsania Xulia Agripina (tamén chamada Xulia Menor) e Agripa Póstumo do terceiro e último matrimonio do seu pai con Xulia Maior. Da súa nai tamén probablemente tivese varios medio irmáns máis novos, entre eles Lucio Antonio e Xulia Antonia.[5]
Matrimonios
[editar | editar a fonte]Ao redor das 14 a. C., casou co xeneral e político romano Publio Quintilio Varo,[6] aínda que hai autores como Reinhold que rexeitan esta hipótese.[2] Foi a súa segunda esposa[7] e este casamento foi considerada a razón pola que Varo fora elixido por Tiberio para ser cónsul no ano 13 a. C. canda el.[8][9] Puido ser nai Sexto Nonio Quintiliano, se este foi realmente fillo de Varo,[10] ou doutro fillo que serviu co seu pai no ano 4.[11][12]
Tampouco está claro, pero parece ser que, despois, casou con Marco Emilio Lépido sendo a súa segunda esposa. Así e todo, hai poucas novas sobre este matrimonio e non se sabe se tiveron fillos, malia que hai unha dedicatoria na basílica Emilia dun posible fillo seu.[13] O seu matrimonio non durou máis que unha década desde o seu consulado, pois para daquela, Varo xa estaba casado con outra muller.[14]
Segundo Tácito, ela non morreu por parto ou por causas naturais, xa que o historiador afirma que os fillos de Agripa morreron en batalla, inanición ou veleno. Porén, pode referirse exclusivamente aos fillos de Agripa coa súa esposa Xulia a Maior, filla do emperador Augusto, pois o historiador non menciona especificamente o seu nome. Non se sabe con certeza a data da súa morte. Nos libros de Robert Graves, I, Claudius, e Claudius the God, a emperatriz romana Livia Drusilla acúsaa de incesto co seu falecido pai, o que a leva ao suicidio.
Investigación
[editar | editar a fonte]A súa existencia foi descuberta polos historiadores modernos tras o redescubrimento dun papiro que relata a oración fúnebre de Augusto para Agripa na que se afirma que Varo e Tiberio eran os dous xenros de Agripa.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wells (2004), p. 81
- ↑ 2,0 2,1 Reinhold, Meyer (1972). "Marcus Agrippa's Son-in-Law P. Quinctilius Varus". Classical Philology 67 (2): 119–21. ISSN 0009-837X. JSTOR 269220.
- ↑ Waite, Stephen V. F. (1972). "The Contest in Vergil's Seventh Eclogue". Classical Philology (en inglés) 67 (2): 121–123. ISSN 0009-837X. JSTOR 269221. doi:10.1086/365843.
- ↑ Syme 1989, p. 504
- ↑ Bédoyère (2018), p. 312
- ↑ Abdale (2016)
- ↑ Craven, Maxwell (2019). The Imperial Families of Ancient Rome. . (en inglés). Stroud. Reino Unido: Fonthill Media. ISBN 9781781557389.
- ↑ Levick (2014), p. 140
- ↑ Stern, Stern (2019). Varus’ Legacy After Teutoburger Wald: Roman POWs, Tiberius, and the Ara Pacis. (en inglés). Conferencia en Minneapoils (Via www.researchgate.net)
- ↑ Levick (1999), p. 36
- ↑ Crosby, (2016), 288, Bryn Mawr College, pp. 123, 125, Daniel J. (2016). De Gruyter, ed. (Online ISSN: 2324-8114). "The Case for Another Son of P. Quinctilius Varus: a re-examination of the textual and scholarly traditions around Joseph. BJ 2.68 and AJ 17.288". Journal of Ancient History (en inglés) 4 (1): 113–129. ISSN 2324-8106. doi:10.1515/jah-2015-0017.
- ↑ Roncaglia, Alessandro (2015). Giochi di famiglia: dinamiche di potere tra Augusto e Tiberio [Family games: dynamics of power between Augustus and Tiberius] (PDF) (tese) (en Italiano). Universidade de Boloña.
- ↑ Tácito, Anales III,19.3
- ↑ Syme (1989), p. 315
- ↑ Syme (1989), p. 146
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abdale, Jason R. (2016). Four Days in September: The Battle of Teutoburg (en inglés). Barnsley: Pen and Sword. ISBN 9781473860872.
- Bédoyère, Guy de la (2018). The Women Who Made Imperial Rome (en inglés). New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 9780300240672.
- Levick, Barbara (1999). Tiberius the Politician (en inglés). Abingdon-on-Thames. Inglaterra: Routledge. ISBN 9780415217538.
- Levick, Barbara (2014). Augustus: Image and Substance (en inglés). Abingdon-on-Thames. Inglaterra: Routledge. ISBN 9781317867449.
- Syme, Ronald (1989). The Augustan Aristocracy (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 9780198148593.
- Wells, Peter S. (2004). The Battle That Stopped Rome: Emperor Augustus, Arminius, and the Slaughter of the Legions in the Teutoburg Forest (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 9780393352030.