Youth (filme de 2015)
Youth | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Youth |
Director | Paolo Sorrentino |
Produtor |
|
Guión | Paolo Sorrentino |
Intérpretes | |
Música | David Lang, Mark Kozelek |
Fotografía | Luca Bigazzi |
Montaxe | Cristiano Travaglioli |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Cannes: 20 de maio de 2015 |
Duración | 124 minutos[2] |
Orixe | Italia Reino Unido Francia Suíza |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | €12 300 000 |
Recadación | $24 000 000[3] |
Na rede | |
http://www.pathefilms.com/film/youth | |
Youth é un filme de 2015 de comedia e drama escrito e dirixido por Paolo Sorrentino. É o segundo filme do director en lingua inglesa, e está protagonizado por Michael Caine e Harvey Keitel, que interpretan a dous amigos que reflexionan sobre as súas vidas menstres están de vacacións nos Alpes suízos. É a historia da eterna loita entre a idade e a xuventude, o pasado e o futuro, a vida e a morte, o compromiso e a traizón. Entre as personaxes secundarias están Rachel Weisz, Paul Dano e Jane Fonda.
Estreouse no Festival de Cannes 2015, onde competiu pola Palma de Ouro e tivo unha boa acollida por parte da crítica. Nos Premios do Cinema Europeo, Youth gañou os premios ó mellor filme, mellor director para Sorrentino, e mellor actor para Caine. Recibiu un nomeamento ós Premios Oscar na categoría mellor canción orixinal, pola composición de David Lang "Simple Song #3". Nos Globos de Ouro, Lang tamén foi nomeado á mellor canción, xunto con Jane Fonda á mellor actriz secundaria.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Michael Caine como Fred Ballinger
- Harvey Keitel como Mick Boyle
- Rachel Weisz como Lena Ballinger
- Paul Dano como Jimmy Tree
- Jane Fonda como Brenda Morel
- Roly Serrano como Diego Maradona
- Alex Macqueen como emisario da Raíña
- Ian Keir Attard como asistente do emisario da Raíña
- Luna Mijović como masaxista
- Robert Seethaler como Luca Moroder
- Tom Lipinski como guionista
- Chloe Pirrie como guionista
- Alex Beckett como guionista
- Nate Dern como guionista
- Mark Gessner como guionista
- Ed Stoppard como Julian Boyle
- Paloma Faith como ela mesma
- Mark Kozelek como el mesmo
- Mădălina Diana Ghenea como Miss Universo
- Sumi Jo como ela mesma
- Viktoria Mullova como ela mesma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wiseman, Andreas (19 de maio de 2014). "Paolo Sorrentino’s Youth sold to UK, Germany, Spain". Consultado o 20 de maio de 2015.
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (8 de decembro de 2015). "YOUTH (15)". Consultado o 8 de decembro de 2015.
- ↑ "Youth (2015)". The Numbers. Consultado o 3 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Youth na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2015
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua castelá
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de Suíza
- Filmes de Francia
- Filmes de Italia
- Filmes dirixidos por Paolo Sorrentino
- Filmes sobre a vellez
- Filmes rodados en Italia
- Filmes rodados en Londres
- Filmes rodados en Suíza
- Filmes rodados en Venecia
- Filmes ambientados en Suíza
- Filmes de StudioCanal