Ángel Castiñeiras Beiras
Aparencia
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1959 (65 anos) Santiago de Compostela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1977 - 1989 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ángel Castiñeiras Beiras, nado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1959, é un exfutbolista galego máis coñecido como Gelo, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Vista Alegre da súa vila natal. Fichou polo Celta de Vigo despois de someterse a probas no FC Barcelona sen que chegase a concretarse nada. Converteuse no xogador máis xove do equipo, e tras acadar o ascenso a Primeira División de 1978 foi convocado coa Selección de fútbol de España sub-21.
Militou no Celta dez tempadas, xogando en Primeira, Segunda e incluso en Segunda División B. Tras o último ascenso a Primeira División, na tempada 1986/87, deixa o equipo. Posteriormente xogou no CD Lalín e no Mollerussa de Segunda División.