Ángel Mato Peña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1892 Ferrol, España |
Morte | 6 de outubro de 1934 (42 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, sindicalista, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Ángel Mato Peña, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1892 e finado na mesma cidade o 6 de outubro de 1934, foi un mestre, sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo estudante da Escola Normal da Coruña participou na constitución da "Academia Escolar" da Coruña en 1911, da que foi elixido tesoureiro da súa directiva.[1] Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi mestre da Escola nacional de Cangas dende xaneiro de 1916,[2] onde participou na constitución da Agrupación Socialista de Cangas en 1923. En setembro de 1924 pasou á escola do Seijo (en Franza, Mugardos).[3] Foi fundador e directivo da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza da UGT en Ferrol, colaborou en La Lucha e dirixiu El Obrero. Tamén pertenceu á directiva da Sociedad de Amigos del Paisaje Gallego.[4] Foi candidato do PSOE pola provincia da Coruña nas eleccións de 1933 pero non resultou elixido. Foi abatido nun tiroteo con gardas municipais diante do Arsenal de Ferrol o 6 de outubro de 1934, cando encabezaba un grupo que trataba de destruír un transformador para dificultar a saída de Ferrol das tropas enviadas para reprimir a Revolución de Asturias de 1934.[5][6][7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Luz Lorenzo Mosquera en xaneiro de 1917.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Galicia, 21-11-1911, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 5-1-1916, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-9-1924, p. 7.
- ↑ El Correo Gallego, 22-12-1928, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-10-1934, p. 11.
- ↑ El Ideal Gallego, 13-10-1934, p. 1.
- ↑ El Obrero, 11-7-1936, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 24-1-1917, p. 2.