[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Conchita Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConchita Montenegro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María de la Concepción Andrés Picado Editar o valor en Wikidata
11 de setembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de abril de 2007 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesConchita Montenegro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, danza e modelaxe Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, modelo, cantante, bailarina Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1927 Editar o valor en Wikidata - 1944 Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRicardo Giménez-Arnau (1944–1972)
Raul Roulien (1935–1937) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0599354 Allocine: 546946 Allmovie: p50138
BNE: XX1606989 WikiTree: Andrés_y_Picado-1 Find a Grave: 19180387 Editar o valor en Wikidata

María de la Concepción Andrés Picado, coñecida como Conchita Montenegro, nada en Donostia o 11 de setembro de 1911[1] e finada en Madrid o 22 de abril de 2007, foi unha modelo, bailarina e actriz española. Destacou por ser a primeira muller española que triunfou en Hollywood, tanto en castelán como en inglés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Abandonou a súa cidade natal con dez anos para trasladarse a Madrid, onde comezou a formarse e fóronse desenvolvendo as súas calidades interpretativas. Sendo aínda adolescente marchou a París para asistir a clases de danza e arte dramática que recibiu na Escola do Teatro da Ópera.[2]

Ó seu regreso a España formou un dúo de baile coa súa irmá Juanita, co nome de “Las Dresnas de Montenegro”, e triunfaron nas principais capitais europeas. Tiña outra irmá, Justa.

Rodou a súa primeira película en 1927, La muñeca rota, dirixida por Reinhardt Blotner.

Despois chegarían outras producións como Rosa de Madrid (1927) de Eusebio Fernández Ardavín e Sortilegio (1927), de Agustín de Figueroa.

Nos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

En xuño de 1930 sae cara ós Estados Unidos. A dobraxe aínda non existía polo que o seu traballo consistía en rodar en castelán, xunto con outros actores de renome, versións dos éxitos do momento, destinadas ás salas de exhibición de España e Iberoamérica. Durante pouco máis dun ano foi estrela contratada do Metro-Goldwyn-Mayer, coa que roda ¡De frente, marchen! (1930), de Edward Sedgwick, Sevilla de mis amores (1930), de Ramón Novarro, Su última noche (1931), de Chester M. Franklin, En cada puerto un amor (1931), de Marcel Silver, The Twain Shall Meet (1931), de W. S. Van Dyke, con Leslie Howard, e Strangers May Kiss (1931), de George Fitzmaurice, con Norma Shearer e Robert Montgomery.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • J. García de Dueñas, “Conchita Montenegro. La dama escondida”, AGR coleccionistas de cine nº 21, 2004, páxs. 88-113.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]