Conurbación do Delta do Yangtzé
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | República Popular da China | |||
Municípios da República Popular da China (pt) | Shanghai | |||
A conurbación do delta do Yangtzé é unha megalópole do centro leste da China que se está conformando na parte sur do delta do río Yangtzé, entre a súa desembocadura e o lago Tai, e con Shanghai como cidade máis grande e importante.
Localización e características
[editar | editar a fonte]Cara ao oeste conúrbase coa área de Suzhou, antiga e bela cidade á beira do Gran Canal; despois aparece a área de Wuxi, industriosa cidade coñecida coloquialmente como "pequena Shanghai"; e finalmente, no extremo occidental da conurbación, sitúase a área de Changzhou, a máis pequena de todas.
O dinamismo da rexión nestes últimos anos ten sido enorme , tras da súa elección coma Zona Económica Especial, aberta o investimento foránea. A construción de todo tipo de grandes infraestruturas non cesa día a día e estanse propoñendo novos e xigantescos proxectos (pontes, portos, autoestradas e ferrocarrís) que farían posible, no medio prazo, a incorporación á megalópole das áreas metropolitanas veciñas ata Nanjing polo oeste e Hanzhou e Ningbo polo sur.
Megalópole de Shanghai:
- AM Shanghai.....................................19 000 000
- Shanghai shih.....16 800 000
- municipalidade de Suzhou.....................3 900 000
- municipalidade de Wuxi.........................3 700 000
- municipalidade de Changzhou................3 500 000