Conversa:Portada/Arquivo 6
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
Solicitude de edición
[editar a fonte]A "foto do día" do xacaré dáse como situada en "El Pantanal", Brasil. Supoño que se tratará de "O Pantanal", xa que dubido de que o topónimo sexa en castelán.
Dato erróneo
[editar a fonte]1881, nace Fiódor Dostoievski, escritor ruso Lles (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 09:11 (UTC) É a data da morte Lles (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 09:12 (UTC)
- Corrixido. Había unha confusión coa data de falecemento. Grazas, Lles. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de febreiro de 2018 ás 09:14 (UTC)
Construción
[editar a fonte]A construción "invéntase...por" en "invéntase o nailon (un material termoplástico pertencente a unha familia de polímeros sintéticos) por Wallace Carothers e DuPont." penso que non é correcta. Lles (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 09:28 (UTC)
- Modificado; para outra vez podes facelo pola túa conta pulsando en "Outras efemérides destacadas" -> "Editar" :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2018 ás 13:49 (UTC)
- As efemérides do día só poden editalas os administradores durante ese día que permanecen en portada debido á protección en serie da mesma, entendo que por aí ven a petición. ☣Banjo tell me 28 de febreiro de 2018 ás 18:37 (UTC)
Datos contraditorios
[editar a fonte]Este texto:
1908, morren 129 mulleres no incendio dunha fábrica téxtil de Nova York na que estaban encerradas para reclamar a igualdade de dereitos laborais cos homes. Ese feito deu orixe ao Día da Muller Traballadora.
é contradictorio co que conta en https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_da_Muller.
Segundo o artigo, o que sucedeu o 8 de marzo foi:
o primeiro Día Nacional da Muller, en conmemoración dunha marcha celebrada o 8 de marzo de 1908[2] na que milleiros de mulleres marcharan protestando polo traballo dos menores e pedindo melloras nas condicións laborais e o dereito ao voto baixo o lema de "Pan e rosas"[3], e que se seguiu celebrando o último domingo de febreiro ata 1913.
O incendio sería o 25 de marzo de 1911 Lles (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 08:51 (UTC)
- Lles, cambiei o dato quitando o do incendio. Porén a cousa non está clara, no artigo en castelán e no inglés, non concordan os datos e eventos, haberá que revisalo un pouco máis, pero agora non teño tempo de facelo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 09:57 (UTC)
Seguindo o noso artigo cambiaría: 1909, celébrase unha marcha en Nova York denominada "National Woman's Day", sendo considerado o primeiro Día da Muller Traballadora. por 1908, marcha "Pan e rosas" na orixe da celebración do Día da Muller Traballadora Lles (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 10:55 (UTC)
- Vale, cambieino Lles, para que concorde co contido que temos no artigo, pero sigo pensando que hai que investigar máis ese tema porque paréceme que non está de todo correcto, pero agora sigo sen tempo para revisalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 12:01 (UTC)
Data de nacemento de Daniel Defoeː corrixir
[editar a fonte](n. 1659-1661) en vez de (n. 1959-1961)--Cuatrivialer
- Cuatrivialer, non entendo o que queres dicir, na portada pon que faleceu en 1731 e que naceu cara 1660, tal e como indica, por exemplo, esta referencia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 22:35 (UTC)
- Corrixido por Estevoai [1]. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2018 ás 10:04 (UTC)
- Pois Estevoaei, para outra deixa anotado que xa está corrixido, así non me volvo tolo (aínda que estaría moi ben volverse Toliño) :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2018 ás 13:27 (UTC)
Chamán / xamán
[editar a fonte]Na foto destacada dise "Rocha do Chamán", pero no DRAG o que vén é xamán (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xamán.).--Miguelferig (conversa) 21 de maio de 2018 ás 10:50 (UTC)
- Feito! Grazas polo aviso Miguelferig. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 16:07 (UTC)
Abegondo
[editar a fonte]No artigo Abegondo, na sección Sobre Galicia aparece en vermello a ligazón a vía XX per loca maritima, pero si existe artigo sobre esa vía, vía XX.--Jglamela (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 17:57 (UTC)
- Feito!, grazas polo aviso Jglamela.--AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 17:59 (UTC)
Gran / Grande
[editar a fonte]Onde di: constrúese o gran oleoduto debería poñer: constrúese o grande oleoduto gran Lles (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 11:42 (UTC)
- Feito! Grazas polo aviso Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 11:50 (UTC).
- Elisardojm, xa vin que me interpretaches ben, aínda que puxera o mesmo texto. Un saúdo, Lles (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 13:17 (UTC)
- Se non era boi, era vaca! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 22:16 (UTC)
- Elisardojm, xa vin que me interpretaches ben, aínda que puxera o mesmo texto. Un saúdo, Lles (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 13:17 (UTC)
No artigo principal da portada
[editar a fonte]Penso que glasnost é de xénero feminino, que sería "da glasnot". Lles (conversa) 2 de xullo de 2018 ás 07:30 (UTC)
- Feito!, grazas polo aviso Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2018 ás 08:28 (UTC)
Sección "Tal día como hoxe no ano...": Referenciar a persoa ou obxecto que aparece na Imaxe Destacada.
[editar a fonte]Na sección "Tal día como hoxe no ano..." habería que indicar quen é a persoa ou que é a imaxe que aparece destacada, referíndoa coa correspondente coletilla de "na imaxe": O escritor tal e tal (na imaxe), para evitar confusións e aclarar quen ou que é o que aparece na Imaxe Destacada. Gracias.
Comunidade: suxestión de nova redacción
[editar a fonte]Ola, se é posible, penso que a actual redacción "Todos os editores da Wikipedia son voluntarioss" podería retocarse un chisco, pasando a ser "todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias". Moitas grazas
--Maria zaos (conversa) 4 de agosto de 2018 ás 07:30 (UTC)
- Supoño que para facer iso habería que facer unha Wikipedia:Votacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de agosto de 2018 ás 00:34 (UTC)
---Maria zaos, Elisardojm, podíase entón facer unha votación a ver se podemos usar o Manual de estilo do DOG neste apartado https://wikidog.xunta.gal/index.php/Linguaxe_non_sexista para calquera artigo e non votar só para este caso concreto?. Hai pouco revertéronme unha edición máis inclusiva nun artigo co argumento de que xa había un acordo. Se o hai e é inamovíbel, non ten sentido votar para este caso. Se é cuestionábel, podiamos votar para todos os casos e non só para este. Lles (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 06:24 (UTC)
- Lles, non me dou conta de a que acordo se refire esa reversión, o mellor ó que se refería a reversión é que por norma na Galipedia, ante termos sinónimos e equivalentes segundo a RAG, mantense a escolla do primeiro editor para evitar as Wikipedia:Guerra de edicións. Pero iso non é do que realmente queres falar, así que, céntrome :). Na Galipedia non hai nada inamovible, todo pode ser mellorado, salvo os Wikipedia:Cinco piares fundamentais de tódalas wikis. Se consideras que deberían facerse cambios no Wikipedia:Libro de estilo, ou noutra política, o mellor sería que expuxeras a idea na taberna o tema para que fose debatida pola comunidade, intentando chegar a un consenso nesa conversa. Logo a votación sería unha especie de trámite para que quedara reflectida a posición da comunidade nunha páxina doada de acceder e de forma resumida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 07:25 (UTC)
- Ola, Elisardojm, ten sentido meterse nunha votación para un caso concreto se xa se intúe que non vai saír ben parada porque hai un consenso previo bastante forte? [2]. Lles (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 08:14 (UTC)
- Ola, Lles e Elisardo. Interveño por se podo deitar algo de luz no asunto: certo, ante dúas opcións igualmente correctas cómpre respectar sempre a escolla do primeiro editor. Por outra banda, a pertinencia do xenérico si se votou (tras interminables discusións), e decidimos que a utilización de fórmulas distintas non era o acaído para as categorías. Non son capaz agora mesmo de remitirvos ás conversas previas (que estaban diseminadas en conversas de artigos e de usuario) sobre linguaxe inclusiva e uso do xenérico; a ver se outro sabe dar con elas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 28 de setembro de 2018 ás 08:36 (UTC)
- Eu vexo que é como unha pescada que morde a cola, aínda que non haxa un perfil demostrado de galipedista Entrevista Galicia Confidencial si intuímos que as mulleres somos moi poucas polos datos que hai da Wikipedia en xeral Nesgo_de_xénero_na_Wikipedia. E, como somos moi poucas, non conseguimos facer cambios para que as mulleres se sintan convidadas a ser editoras (a redacción de María Zaos sería un deses pequenos detalles para que calquera muller que entre na Galipedia saiba que ten un oco nela como editora). Lles (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 09:14 (UTC)Lles (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 09:19 (UTC)
- Atobar, tes razón que si se votou o cambio nas categorías, pero eu non asocio a proposta de Lles con esa votación, entendo que é unha cousa diferente aínda que relacionada. Lles tamén ten razón en que a maioría dos editores son homes, isto témolo claro todos aínda que non haxa datos estatísticos que o digan. Con todo, Lles, xa que a votación que comenta Atobar foi no 2017, é perfectamente factible volver tratar o tema, ou outro relacionado, e facer unha votación sen ningún problema (Wikipedia:Votacións#Exposición_dos_resultados). Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2018 ás 09:28 (UTC)
Maria zaos, Lles e Atobar, despois de aprobarse o cambio en Wikipedia:Votacións/Cambiar todos os editores na portada, fixen os cambios indicados na páxina da portada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 08:13 (UTC)
- Moi ben. Grazas, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 9 de novembro de 2018 ás 09:36 (UTC)
- Moi ben, grazas polas xestións, Elisardojm e moitas grazasLles por levar adiante a proposta de votación. Saúdos Maria zaos (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 10:06 (UTC)
Efeméride 24/09
[editar a fonte]En 1895, primeira volta ao mundo dada por unha muller en bicicleta, á que lle levou 15 meses penso que sería o seu dicir o nome desa muller. Lles (conversa) 24 de setembro de 2018 ás 10:48 (UTC)
Artigo destacado
[editar a fonte]No artigo de Xoán I de Inglaterra é preciso cambiar a ligazón de "Godofredo II de Bretaña" por Godofredo II da Bretaña. Grazas.--Breogan2008 (conversa) 3 de outubro de 2018 ás 12:02 (UTC)
- Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de outubro de 2018 ás 12:14 (UTC)
Preposición
[editar a fonte]En 732, Carlos Martel vence a os árabes en Poitiers. a preposición "a" sobra. Lles (conversa) 8 de outubro de 2018 ás 06:38 (UTC)
- Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2018 ás 08:39 (UTC)
De acordo a
[editar a fonte]En Comunidade "De acordo as nosas" debería ser "De acordo coas nosas"--Ogalego.gal (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 20:37 (UTC)
- Feito! Moitas grazas polo aviso Ogalego.gal. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 23:59 (UTC)
Apenas
[editar a fonte]https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/apenas Lles (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 12:46 (UTC)
- Feito!, grazas polo aviso Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 15:09 (UTC)
Equilibrio
[editar a fonte]Para quen faga a portada, eu propoño que se procure un equilibrio. Hoxe, nunha primeira ollada, dúas imaxes de Xoán I de Inglaterra e Manuel Leiras Pulpeiro (e dunha marmota), o artigo destacado de Xoán I de Inglaterra e en Tal día como hoxe no ano... fálase de Manuel Leiras Pulpeiro, Manuel Lago González, Pablo Ruíz Picasso, Federico García Lorca, Hitler e Benito Mussolini. Só aparecen mulleres se nos internamos na lectura do artigo de Xoán I ou da serie Fariña, nunha primeira ollada, non. Lles (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 07:06 (UTC)
- LLes, en verdade son seccións independentes que se integran por xunto na portada. Na sección "Tal día coma hoxe" tamén eu vexo a falta de paridade que sinalas, que vén de cando se tiveron que completar todos os días do ano con efemérides. En moitos casos, trasladouse o que xa había noutras wikis. Por iso, ao primeiro tiña un problema de falta de referencias propiamente galegas, que se foi corrixindo co tempo, pero queda o da falta de mulleres en relación co número de homes. Pero non ten maior complicación, é cuestión de poñerse a traballar: por exemplo, ir ao 25 de outubro, coller a cantante galega Rosa Cedrón e a economista Susan Strange e incluílas (sacando algo, o de menor relevo, se é preciso; se non me engano, por cuestións de formato o máximo son 6) e incluílas en [3] (isto creo que o ten que facer un administrador). Vou facer eu agora o exemplo que comento. --Atobar (conversa comigo) 25 de outubro de 2018 ás 08:38 (UTC)
- Feito!. E así habería que seguir revisando o resto de días do ano. Non deberíamos deixar ningún sen mulleres, como sucedía co día de hoxe. --Atobar (conversa comigo) 25 de outubro de 2018 ás 08:42 (UTC)
- Atobar, non teño claro cal é o máximo de efemérides para a portada, por exemplo o 26 de outubro hai sete, e o 5 de outubro hai 7 e outra fila co día mundial dos docentes... Eu penso que ata dez ben collen, é posible que nalgún día haxa que axustar o tamaño da imaxe se se engaden varias liñas máis, pero penso que non hai problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 12:20 (UTC)
- Non sabía. Grazas, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 25 de outubro de 2018 ás 13:26 (UTC)
- Atobar, non teño claro cal é o máximo de efemérides para a portada, por exemplo o 26 de outubro hai sete, e o 5 de outubro hai 7 e outra fila co día mundial dos docentes... Eu penso que ata dez ben collen, é posible que nalgún día haxa que axustar o tamaño da imaxe se se engaden varias liñas máis, pero penso que non hai problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 12:20 (UTC)
- Feito!. E así habería que seguir revisando o resto de días do ano. Non deberíamos deixar ningún sen mulleres, como sucedía co día de hoxe. --Atobar (conversa comigo) 25 de outubro de 2018 ás 08:42 (UTC)
@Atobar: @Elisardojm: Wikipedia:Efemérides_destacadas#Guía_de_estilo ☣Banjo tell me 25 de outubro de 2018 ás 13:43 (UTC)
- Moitas grazas Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 14:39 (UTC)
- Hoxe volve producirse un desequilibrio en Tal día como hoxe no ano... Orson Welles, H.G. Wells, Theodor W. Hänsch, Pío Baroja, Juan Carlos de Borbón, Francisco Franco e Uxío Novoneyra. Lles (conversa) 30 de outubro de 2018 ás 07:10 (UTC)
- Feito! xa está amañado Lles. Como xa se comentou, habería que revisar a lista de efemérides para asegurarse de que tódolos días hai algunha ligazón a biografías femininas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2018 ás 09:03 (UTC)
- Hoxe volve producirse un desequilibrio en Tal día como hoxe no ano... Orson Welles, H.G. Wells, Theodor W. Hänsch, Pío Baroja, Juan Carlos de Borbón, Francisco Franco e Uxío Novoneyra. Lles (conversa) 30 de outubro de 2018 ás 07:10 (UTC)
Antiterroristas
[editar a fonte]Onde pon Anti-terroristas, penso que debería poñer Antiterroristas [4].Lles (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 07:04 (UTC)
- Feito! Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 08:36 (UTC)
obriga ós americanos
[editar a fonte]Propoño cambialo a obriga os americanos Lles (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 08:55 (UTC)
- Pero Lles, é un erro ortográfico ou é unha proposta de estilo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 10:31 (UTC)
- Isto é o que di a Galipedia: complemento directo. Lles (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 16:26 (UTC)
- Non entendo moi ben a proposta. Non será aos americanos? Atobar Estevoaei. --AMPERIO (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 16:30 (UTC)
- Efectivamente, os americanos é complemento directo e por tanto non leva a preposición a. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de decembro de 2018 ás 16:48 (UTC)
- Subscribo, non leva prep. --Atobar (conversa comigo) 7 de decembro de 2018 ás 19:37 (UTC)
- Efectivamente, os americanos é complemento directo e por tanto non leva a preposición a. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de decembro de 2018 ás 16:48 (UTC)
- Non entendo moi ben a proposta. Non será aos americanos? Atobar Estevoaei. --AMPERIO (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 16:30 (UTC)
- Isto é o que di a Galipedia: complemento directo. Lles (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 16:26 (UTC)