[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Conversa usuario:85.91.85.248

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, 85.91.85.248

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo..--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2021 ás 15:30 (UTC)[responder]

Contracción do artigo e topónimos

[editar a fonte]

Bo día, ip 85.91.85.248. Grazas pola coidada lectura da Wikipedia e pola mensaxe na conversa da Portada. Aquí podes ler as normas da Galipedia sobre Toponimia e podes consultar tamén algunhas das fontes que usamos como referencia. En lingua galega o artigo contráese, polo que sería do Grove, como aparece no pé de foto da portada. Déixoche un vídeo curtiño onde vén explicado aquí. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2021 ás 15:42 (UTC)[responder]