[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Cordilleira de Lípez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do volcán Uturuncu

A Cordilleiro de Lípez é unha serie de montañas localizadas na zona meridional do departamento de Potosí, Bolivia e ao norte da Arxentina. É unha sección da cordilleira dos Andes. A cordilleira cobre unha superficie de 23 404 km² nunha dirección nordeste-sueste, entre os paralelos 22 e 23 graos, formando parte da división entre Bolivia e a Arxentina.

Así, na cordilleira de Lípez, o pico máis alto é o Uturuncu, con 6 008 metros sobre o nivel do mar. Ten outros picos importantes como o Cerro Lípez de 5 929 metros, o Soniquera, con 5 899 metros, ou o Cerro Tinte, con 5 849 metros, que está na fronteira boliviano-arxentina.