Carlos García Becerra
Carlos García | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos García Becerra | ||
Nacemento | 9 de setembro de 1977 | ||
Lugar de nacemento | Caracas | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Hermandad Gallega | |||
San Agustín el Marqués | |||
1995–1996 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1993–1995 | Laracha | (22) | |
1996–2003 | Fabril | 81 | (21) |
1998–2003 | Deportivo da Coruña | 7 | (1) |
2000–2001 | → Gimnástica de Torrelavega | 27 | (1) |
2001–2002 | → Pájara Playas | 14 | (0) |
2002 | → Amurrio | 16 | (3) |
2003–2004 | Ourense | 33 | (9) |
2004–2005 | Burgos CF | 33 | (17) |
2005 | Alicante | 13 | (3) |
2006–2009 | Palencia | 86 | (27) |
2009–2010 | Buelna | ||
2010–2012 | Rayo Cantabria | ||
2012–2013 | Tropezón | ||
Selección nacional | |||
2013 | España sub-17 | 1 | (0) |
2018 | España sub-21 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Carlos García Becerra, nado en Caracas o 9 de setembro de 1977, é un exfutbolista venezolano-galego, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Caracas, sendo fillo de dous emigrantes galegos: Manuel García, natural do Val do Dubra, e Fina Becerra, de Lendo, A Laracha.[1] Comezou a xogar ao fútbol no Hermandad Gallega, pasando logo polo San Agustín el Marqués, antes de que seus pais decidisen regresar a Galicia.
A familia instalouse na Laracha, onde abriron un bar, e Carlos entrou na canteira do Laracha CF con 15 anos. Coñecido futbolisticamente como Carlos II, marcou 28 goles na súa primeira campaña como xuvenil e 36 na segunda. O seu gran rendemento fixo que na súa segunda tempada no club debutase xa co primeiro equipo, na Rexional Preferente.[2] Na tempada 1994/95, integrado xa plenamente no primeiro equipo, marcou 17 goles en Preferente.[3]
Os seus goles chamaron a atención do Deportivo da Coruña, que o fichou en 1995.[4] Na súa única tempada no equipo xuvenil do club, marcou 17 goles na División de Honra e 3 máis na Copa de Campións, gañando o equipo os dous títulos.[3] Na tempada 1996/97 pasou a xogar no Fabril, na Segunda División B e con Carlos Ballesta como adestrador. Disputou 81 partidos co filial durante as seguintes tres campañas na categoría de bronce, anotando 21 goles.
O 22 de febreiro de 1998, da man do adestrador José Manuel Corral, debutou co primeiro equipo do Deportivo na Primeira División, nun partido contra o Athletic de Bilbao en Riazor. Entrou preto do final do partido, substituíndo a Maikel, e marcou o terceiro e definitivo gol do partido (3-0). Aínda disputou seis partidos máis esa tempada na máxima categoría.
Entre 2000 e 2002 saíu cedido ao Gimnástica de Torrelavega, o Pájara Playas e o Amurrio, con menores números goleadores. En 2003 fichou polo Ourense de Milo Abelleira, co que marcou 9 goles na liga e outro na fase de ascenso a Segunda, na que o club ourensán non conseguiu o obxectivo de subir de categoría.
Na tempada 2004/05 asinou co Burgos CF, tamén de Segunda B. Logrou 17 tantos na liga, sendo o máximo goleador do grupo II, contribuíndo ao segundo posto do equipo na táboa. Tras un breve paso polo Alicante, fichou en 2006 polo Palencia, onde militou durante tres campañas e media. Marcou 27 goles en 86 partidos da Segunda B, xogando unha última tempada en Terceira. A continuación pasou polo Buelna, o Rayo Cantabria e o Tropezón, onde pechou a súa carreira no 2013.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maceiras, Xabier (2 de novembro de 2021). "Carlos García Becerra, o primeiro futbolista da Laracha que xogou na Primeira División". Crónicas da Laracha (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ "El venezolano Carlos II lleva tres temporadas en el Laracha". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1995. p. 44.
- ↑ 3,0 3,1 "El larachés Carlos y el baiés Nacho realizarán la pretemporada con el Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1996. p. 48.
- ↑ "El Deportivo se hizo esta semana con los servicios del ariete larachés Carlos II". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1995. p. 44.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1977
- Nados en Caracas
- Venezolanos de ascendencia galega
- Futbolistas de Venezuela
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Laracha CF
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da Gimnástica de Torrelavega
- Xogadores do UD Pájara Playas de Jandía
- Xogadores do Amurrio Club
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores do Burgos CF
- Xogadores do Alicante CF
- Xogadores do CF Palencia
- Xogadores do SD Buelna
- Xogadores do Racing de Santander B
- Xogadores do CD Tropezón