Carsen Edwards
Aparencia
FC Bayern München | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1998 (26 anos) Houston, Texas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,80 m (5 ft 11 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Instituto | Atascocita (Atascocita, Texas) |
Universidade | Purdue (2016–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 2 / Elección: 33 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | 2019−presente |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2019–2021) → Maine Red Claws (2019–2020) Salt Lake City Stars (2021–2022) Detroit Pistons (2022) Fenerbahçe (2022–2023) Bayern München (2023–presente) |
Carsen Cade Edwards, nado o 12 de marzo de 1998 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga alemá. Con 1,80 metros de estatura xoga na posición de base.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 20 de xuño de 2019, Edwards foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 33ª posición do Draft da NBA de 2019, e os seus dereitos foron traspasados ós Boston Celtics.[1] O 14 de xullo de 2019, Edwards asinou cos Celtics.[2] O 23 de outubro de 2019 fixo o seu debut na NBA, na derrota dos Celtics por 93–107 contra os Philadelphia 76ers, facendo tres puntos e un rebote.[3]
O 15 de setembro de 2021, Edwards foi traspasado xunto a Kris Dunn ós Memphis Grizzlies.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "In New Picks, Team Lands Prospects Who Check Key Boxes". NBA.com. 21 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Celtics Sign 2019 NBA Draft Pick Carsen Edwards". NBA.com. 14 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2019.
- ↑ "76ers top Celtics 107-93 in 1st battle of East favorites". ESPN.com. 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019.
- ↑ "Grizzlies acquire Kris Dunn and Carsen Edwards from Celtics". NBA.com. 15 de setembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 20 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
Categorías:
- Nados en 1998
- Nados en Houston, Texas
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)