[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Clyde Drexler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClyde Drexler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Clyde Austin Drexler Editar o valor em Wikidata
22 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSterling High School (en) Traducir
Universidade de Houston Editar o valor em Wikidata
Altura201 cm Editar o valor em Wikidata
Peso95 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 1998 Editar o valor em Wikidata
Influencias
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor em Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Portland Trail Blazers
- Houston Rockets
1980-1983 Houston Cougars men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1992Torneo das Américas de 1992 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1682337 WikiTree: Drexler-321 Editar o valor em Wikidata

Clyde Austin "The Glide" Drexler, nado o 22 de xuño de 1962 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Drafteado no décimo cuarto posto da primeira rolda polos Portland Trail Blazers en 1983, Drexler desenvolveu a súa carreira deportiva entre a franquía de Oregón e os Houston Rockets, equipo no que gañou o anel de campión. Foi 10 veces All-Star e formou parte do Dream Team que gañaría a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.

Drexler foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador en 2004 e como parte do Dream Team en 2010. Tamén foi homenaxeado polos dous equipos nos que xogou sendo retirado o seu dorsal número 22 tanto nos Blazers como nos Rockets. Despois da súa retirada como xogador, adestrou durante dúas temporadas ao equipo da Universidade de Houston, precisamente onde se formara como xogador. Actualmente é comentarista deportivo nos partidos televisados dos Houston Rockets.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Drexler formuse no equipo da Universidade de Houston onde, xunto a Hakeem Olajuwon e Larry Michaux, constituíu a fraternidade de baloncesto "Phi Slama Jama", coñecida polas habilidades aéreas dos seus membros. A pesar de ser fortemente favoritos, Houston perdeu as finais da NCAA en 1983 contra North Carolina State.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido nun sorprendente baixo décimo cuarto posto no Draft da NBA de 1983 por Portland Trail Blazers. Axudou a levar a ese equipo ás finais da NBA en 1990 e 1992, coa axuda de novos compañeiros como Terry Porter, Jerome Kersey, Clifford Robinson e con veteranos como Buck Williams. En 1992 xogou para o equipo olímpico dos Estados Unidos, chamado o Dream Team, e gañou a medalla de ouro. Acabou de segundo na votación polo MVP da tempada 1991-92 tras Michael Jordan.

O 14 de febreiro de 1995 Drexler foi traspasado a Houston Rockets, despois da petición do xogador de ser traspasado a un equipo con oportunidades de gañar o título tras as contribucións feitas ao equipo de Portland. Así pois, escolleu os Rockets, que querían volver gañar o título conquistado un ano antes. Encantado de volver xuntarse co seu gran amigo Hakeem Olajuwon e de xogar no equipo da cidade onde xa xogara co instituto e a universidade, Drexler axudou aos Rockets a gañar o título NBA en 1995, permanecendo entre as súas filas tres anos máis. Drexler retirouse da NBA despois da tempada 1997-98 para adestrar á Universidade de Houston. A camiseta co número 22 de Drexler foi retirada dos equipos dos Portland Trail Blazers e dos Houston Rockets. Foi incluído no Basketball Hall of Fame o 10 de setembro de 2004.

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Drexler foi famoso pola súa velocidade e delicadeza na cancha, xunto cunha actitude infrecuentemente tolerante e reservada. As súas extraordinarias capacidades de salto permitiron que fixese uns mates considerados de alto nivel. Tamén era considerado como un xogador versátil, destacando habitualmente nas categorías de puntos, rebotes, asistencias e roubos, así como unha gran cantidade de tapóns para un xogador da súa estatura, sendo terceiro na clasificación de tapóns totais nunha carreira entre escoltas e bases. É ademais un dos únicos tres xogadores da NBA en ter polo menos 20.000 puntos, 6.000 rebotes e 6.000 asistencias na súa carreira (os outros dous son Oscar Robertson e John Havlicek). Drexler tamén lidera a clasificación de escoltas en canto a rebotes ofensivos por partido (2,4) en toda a súa carreira.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Camiseta retirada pola Universidade de Houston na súa honra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]