Clematis vitalba
Clematis vitalba | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Clematis vitalba' L. |
Clematis vitalba [1] é unha especie de clemátide (xénero: Clematis, na familia das ranunculáceas); unha planta rubideira orixinaria de Europa. Aparece nos bosques galegos.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto rubideiro que acada a altura das árbores (até 15 0u 20 metros), caracterizado por unha casca que se desprende a fitas. Ten follas compostas con pecíolo volúbel. As flores son apétalas recendentes de cor branca (tamén azul ou violeta) formadas por catro sépalos (formando falsos pétalos), reunidas en panículas.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É natural de Europa onde medra nos bosques, clareiros, estremeiros e derregas onde prefire dos terreos calcarios.
En Galiza a herba doncela encóntrase nas rexións máis orientais das provincias de Lugo e Ourense.[2]
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Chamada en galego herba dos esmoleiros ou do pobre porque na Idade Media usábana os esmoleiros para se producir chagas que excitaran a piedade dos viandantes.
- En homeopatía utilízase contra as pústulas e afeccións reumáticas. É tamén usada coma remedio nas flores de Bach.
- Por vía externa utilizada contra as úlceras das pernas.
- Por ser tóxica deixou de se usar.[3]
- Principios activos
- Contén protoanemonina. Saponósidos derivados do ácido oleanólico e da hederaxenina. Outras fontes: clementina, clemetitol, caulosaponina, fitosterol, ácidos, alcois, resina, estigmasterina.[4]
- Indicacións
- a protoanemonina conférelle unha potente acción como rubefaciente e analxésico. Indicado para inflamacións osteoarticulares, neuralxias. En forma de pomada é revulsivo e antálxico en numerosas doenzas. O zume introducido nos buracos do nariz produce alivio nas hemicranias, mais pode destruír a mucosa.[4]
Pode producir dermatite de contacto. O zume das follas ten unha acción vesicante, e incluso pode producir ulceracións. A protoanemonina absórbese tamén por vía cutánea, polo que poden producirse fenómenos de intoxicación xeneralizados. Se se inxire provoca gastroenterite con diarreas, náuseas, lesión renal e incluso a morte por parálise respiratoria.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Clematis vitalba foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 544, no ano 1753.[5]
Números cromosomáticos de Clematis vitalba (Fam. Ranunculaceae) e táxones infraespecificos: 2n=16[6]
Clematis: nome xenérico que provén do grego antigo klɛmətis.[7] (klématis) "planta que gabea".
vitalba: epíteto latino que significa "de cor viño branco".[8]
|
|
- Galego: clemátide; herba doncela; herba do pobre; omiña; herba dos esmoleiros[10], cangroia (non confundir esta última coa especie chamada normalmente pervinca ou herba da envexa: Vinca difformis)[11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clemátide.
- ↑ Dr. Berdonces I Serra. Rhus aromatica. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). p. 321. ISBN 84-305-8496-X.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Clematis vitalba". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 5 de febreiro de 2010.
- ↑ Clematis vitalba en Trópicos
- ↑ Números cromosomáticos de plantas occidentales, 261-269. Ruíz de Clavijo Jiménez, E. & C. Galán Soldevilla. Anales Jard. Bot. Madrid 40(2): 445-450 (1984).
- ↑ Sunset Western Garden Book. 1995. pp. 606–7.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Clematis vitalba en PlantList
- ↑ Nomes vulgares en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Clematis vitalba |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clematis vitalba |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. 3: i–xxiii, 1–590. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Salicaceae to Saxifragaceae. Part II. 597 pp. In Vasc. Pl. Pacific N.W.. University of Washington Press, Seattle.