Aïcha Fofana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 Bamaco, Malí |
Morte | 16 de agosto de 2003 (45/46 anos) Bamaco, Malí |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Malí |
Educación | Universidade de París Universidade de Mannheim (pt) Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | novelista , tradutora , dramaturga , activista |
Lingua | Lingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa |
Aïcha Aminata Laïla Fofana, nada en Bamaco en 1957 e finada na mesma cidade o 10 de agosto de 2003[1], foi unha tradutora e escritora maliana. Con Mariage: on copie (1994), converteuse na primeira muller do seu país en publicar unha novela.[2][3] Activista polos dereitos da muller, a súa obra procura mellorar as condicións sociais da muller no seu país.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Bénitiéni Fofana (1928–1991), traballador do Ministerio de Saúde. Despois de facer primaria en Bamaco e Bordeos (Francia), asistiu ao instituto Notre-Dame en Níxer. Estudou linguas na Sorbona, na Universidade de Mannheim (Alemaña) e na Universidade de Oxford. Co seu coñecemento de francés, alemán e inglés traballou como tradutora e intérprete.[2]
A súa primeira novela Mariage: on copie achega a visión convencional das mulleres de Malí. Conta a historia de catro delas, que teñen diferentes problemas debido aos seus status e as súas procedencias étnicas. A través das descricións de como as mulleres resolven os problemas de vida marital, a novela mostra como a sociedade maliana está mudando no bo camiño.[2] A súa segunda novela, La fourmilière, foi editada de forma póstuma en 2006.[1] A obra amosa as dificultades da sociedade maliana, representada pola vida dunha gran familia. O título está inspirado polas estruturas sociais, que poden ser comparadas cunha colonia de formigas.[4]
Frustrada polo tempo que leva a publicación dos libros, Fofana decidiu pasar a escribir teatro, onde podía levar ao público as súas ideas de modo máis rápido. En abril de 1997 estreouse no Centro Cultural de Bamaco a súa primeira obra, Excellence on fait le ménage. Como a obra criticaba a corrupción política, causou unha grande axitación tanto nos actores como no público.[4][5] A súa segunda obra de teatro, L'Africaine de Paris no 2, presentada en 1998, conta a historia dun home maliano que casa cunha muller. Pouco despois a súa primeira esposa, unha africana coa que casara en París, chega para reclamalo como o seu marido, e enturba o ambiente familiar.[6]
En 1998 Fofana foi unha dos membros fundadores da Association Malienne des Droits de l'Homme.
Obra
[editar | editar a fonte]- Novelas
- Mariage, on copie. Editions Jamana. 1994. ISBN 2-910454-04-5.
- La fourmilière: roman. Editions La Ruche à livres/Librairie Traoré. 2006. ISBN 978-99952-50-06-5.
- Obras de teatro
- Excellence on fait le ménage. University of Western Australia. 1997.
- L'Africaine de Paris no 2. University of Western Australia. 1998.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Imperato, P. J.; Imperato, G. H. (2008). Historical Dictionary of Mali. Scarecrow Press. pp. 117–. ISBN 978-0-8108-6402-3.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Boyd-Buggs, D.; Scott, J. H. (2003). Camel Tracks: Critical Perspectives on Sahelian Literatures. Africa World Press. pp. 271–. ISBN 978-0-86543-757-9.
- ↑ "Aïcha Fofana" (en inglés). University of Western Australia. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Volet, J.-M. (Xullo de 1999). "A l'ecoute d'Aïcha Fofana: Un entretien avec Aïcha Fofana, romancière et femme de théâtre" (en francés). University of Western Australia. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ "Excellence on fait le ménage". University of Western Australia. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ "L'Africaine de Paris no 2" (en francés). University of Western Australia. 12 de agosto de 1998. Consultado o 4 de febreiro de 2016.