[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Adela Melijosa Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdela Melijosa Suárez
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor en Wikidata
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSantanderina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1590

Adela Melijosa Suárez, coñecida como A Santanderina, nada en Santander en 1896, foi unha política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instalada en Vigo, durante a República participou en varios actos da Fronte Popular e foi elixida vogal da Agrupación de Mujeres Antifascistas en marzo de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida e estivo presa por orde gobernativa no cárcere de Vigo. Abríronlle unha causa militar logo da incautación dunha carta que lle dirixiu o condenado a morte José Domínguez González.[1] No consello de guerra, celebrado 7 de xullo de 1937 en Vigo, o fiscal fixo referencias á súa vida privada e significación política, pero retirou as acusacións e suxeriu fose sancionada gobernativamente. O tribunal absolveuna.

  1. Álvarez Castro, Xosé (7 de decembro de 2015). "Epistolario: carta a Adela e compañeiras". Pontevedra nos anos do medo.