Algemesí
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Ribera Alta (pt) | ||||
Capital | Algemesí | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.438 (2023) (661,16 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41,5 km² | ||||
Altitude | 1.000 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Nossa Senhora da Saúde (pt) e Santo Onofre (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Miquel | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46680 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46029 | ||||
ARGOS ID (en) | 46029 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | algemesi.es |
Algemesí é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Algemesí limita coas localidades de Alzira, Alginet, Guadassuar da mesma comarca e Albalat de la Ribera, Polinyà de Xúquer e Sollana (da Ribera Baixa).
O río Magre, afluente do Xúcar, abraza o centro urbano e conflúe con aquel dentro do termo, na paraxe natural municipal da "Xopera", o único parque natural pertencente a Algemesí, posto que o resto do termo é unha enorme alfombra verde dedicada ao cultivo da laranxeira, arroz, albaricoqueiros etc. No extremo nordés do termo municipal, concretamente na partida do Barranco, está situada a Reserva do Samaruc (pequeno peixe autóctono valenciano), superficie de 11.800 m² que antes se utilizaba para o cultivo do arroz e agora, por estar incluída no Parque Natural da Albufera, dedícase á recuperación desta especie que se atopa en perigo de extinción. Tamén se traballa con flora e fauna autóctona que necesita protección por exemplo o "fartet", o "mossegadoret", o "petxinot", a "gambeta", a "gamba gavatxa" etc.
O clima é mediterráneo; veráns calorosos con temperaturas que oscilan entre 30 °C e 38 °C, con tormentas estivais finais agosto, invernos suaves que varían entre 14 °C e 4 °C, no outono choivas intensas tipicamente chamadas "gota fría".
Accédese a Algemesí dende Valencia, a través da V-31 tomando logo a CV-42. Conta tamén con estación de ferrocarril da liña de Proximidades Valencia e pola AP-7 E-15, saída Algemesí.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]No concello de Algemesí atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Algamesí
- El Pla.
- El Teular
- Plaça de la Ribera
- Bernart Guinovart
- Parc Salvador Castell
- Plaça d'Alacant
- Barri de Santa Bàrbara
- Barri de Muntanya
- Barri de Capella
- El Mercat
- Carrascalet
- Raval
E os históricos poboados de:
- Pardines
- Cotes
Economía
[editar | editar a fonte]De economía basicamente agraria, o aproveitamento das augas da Quenlla Real do Xúcar introduciu o cultivo da moreira e o arroz que deron un bo pulo ao crecemento da vila. As terras dedicadas ao cultivo aumentan, sobre todo as dedicadas ao arroz, unhas 14.000 anegadas e outras 16.000 de moreira, trigo, millo, cebada, fabas e outros cultivos de regadío. Posteriormente o cultivo dos cítricos foi gañando terreo ao do arroz.
Nas últimas décadas a industria desenvolveuse de forma considerábel en detrimento da agricultura. Os novos parques empresariais da cidade atraeron a numerosas empresas de toda a rexión, fomentando así, o desenvolvemento económico de Algemesí, grazas á competitividade dos terreos para uso industrial. Algemesí é, despois de Alzira, a cidade con máis número de empresas da comarca da Ribeira Alta.