Alien 3
Alien 3 | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alien 3 |
Director | David Fincher |
Produtor | Gordon Carroll David Giler Walter Hill |
Guión | David Giler Walter Hill Larry Ferguson |
Baseado en | Personaxes creados por Dan O'Bannon e Ronald Shusett |
Intérpretes | Sigourney Weaver Charles S. Dutton Charles Dance Brian Glover Ralph Brown Paul McGann Danny Webb Pete Postlethwaite Lance Henriksen Leon Herbert Peter Guinness |
Música | Elliot Goldenthal |
Fotografía | Alex Thomson |
Montaxe | Terry Rawlings |
Estudio | Brandywine Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 1992 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, Ficción científica |
Orzamento | $50 000 000[1] |
Recadación | $159 814 498 |
Filme anterior | Aliens |
Filme seguinte | Alien: Resurrection |
Na rede | |
Alien 3 (ou tamén Alien³) é un filme estadounidense dirixido por David Fincher que se estreou en 1992.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tras conseguir escapar con Newt e Bishop dun planeta cheo de aliens, a tenente Ellen Ripley (Sigourney Weaver) recala accidentalmente en Fiorna 161, un cárcere galáctico cuxos perigosos reclusos están absolutamente abandonados á súa sorte.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sigourney Weaver como Ellen Ripley
- Charles S. Dutton como Dillon
- Charles Dance como Jonathan Clemens
- Brian Glover como Harold Andrews
- Ralph Brown como Aaron
- Paul McGann como Golic
- Danny Webb como Morse
- Pete Postlethwaite como David
- Lance Henriksen como Michael Bishop
- Tom Woodruff, Jr. como Alien
- Peter Guinness como Gregor
- Holt McCallany como Junior
- Os outros prisioneiros son Clive Mantle (como William), Leon Herbert (como Boggs), Christopher Fairbank (como Murphy), Phil Davis (como Kevin), Niall Buggy (como Eric), Christopher John Fields (como Rains), Vincenzo Nicoli (como Jude), Deobia Oparei (como Arthur), e Carl Chase (como Frank).
Produción
[editar | editar a fonte]Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe comezou o 14 de xaneiro de 1991 en Pinewood Studios sen un guión rematado e tendo gastados 7 millóns de dólares. Malia que a maioría do filme foi rodado en Pinewood, algunhas escenas foron rodadas en Blyth Power Station en Northumberland, no Reino Unido.[2] O obxectivo destas tomas era amosar o exterior do planeta.[3] O fotógrafo Jordan Cronenweth traballou só durante dúas semanas antes de que comezase a padecer da síndrome de Párkinson, e foi substituído por un produtor cuxo pai morrera con esa doenza anos atrás, e era consciente que o ritmo esixente de rodaxe podería ser fatal para a saúde de Cronenweth. Foi substituído por Alex Thomson.[4]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ SINE Project (Structural Images of the North East) (ed.). "Structure details". Newcastle University. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2008. Consultado o 9 de xuño de 2008.
- ↑ "Alien 3 Workprint (1992) DVD". WTFDVDs. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2009.
- ↑ Wreckage and Rape: The Making of Alien 3 – Stasis Interrupted: David Fincher's Vision and The Downward Spiral: Fincher vs. Fox (Alien 3 Collector's Edition DVD)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)