Arte dei Maestri di Pietra e Legname
Arte dei Maestri di Pietra e Legname | |
---|---|
Tipo | Guilds of Florence e gremio |
En | Florencia |
País | Italia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Arte dei Maestri di Pietra e del Legname (en galego, Gremio dos Mestres da pedra e da madeira), foi un dos gremios menores dos gremios de artes e oficios de Florencia .
Historia
[editar | editar a fonte]Tódolos membros deste gremio traballaban no sector da edificación: arquitectos, albaneis, mestres de obras e todos os artesáns empregados nas numerosas actividades relacionadas coa construción. Na Idade Media a maioría das casas estaban construídas en madeira e ladrillos revocados; só as igrexas e os pazos eran totalmente de pedra, aínda que os tellados adoitaban estar sostidos por macizos cerchas de madeira, como aínda se pode ver na igrexa da Santa Croce. Mesmo as estruturas sobresaíntes das torres eran de madeira, así como as típicas construcións sobresaíntes, onde grandes vigas introducidas nalgúns buratos sostiñan os balcóns e as partes que sobresaían.
O século XIII foi a época da contrución de casas-torre, un período de belixerancia continua entre membros de faccións opostas, que loitaban entre si con pedras ou outras municións, ás veces coa axuda de auténticas máquinas lanzadoras. situadas na parte superior da torre.
En 1285, durante un certo tempo, entre os Gremios medianos, permitiuse aos seus representantes a participación na vida política da cidade.
No obstante, en Florencia, no Quattrocento, coa chegada ao poder dos Médici, o papel político dos gremios virase moi reducido e a inscrición para o exercicio dunha profesión seguía a ser obrigatoria. Paradoxalmente,Filippo Brunelleschi negouse a renovar o permiso en 1434 e, por iso, foi detido e encarcerado, e só saíu ceibe grazas á intercesión da Opera do Duomo.
O duque Alexandre I de Medici decidiu en 1534 reformar os estatutos dos gremios, reducíndoos a simples asociacións comerciais, sen máis relevancia a nivel político. As catorce Artes Menores, foron agrupadas en catro "Universidades".
En concreto, a Universidade de Fabricadores reuniu a membros dos oficios dos ferreiros, Chiavaioli, Mestres de Pedra e Madeira, Corazzai e Spadai e Carpinteiros. Estaba gobernado por seis cónsules, un por cada oficio ou Arte e o sexto á súa vez, comezando polos Fabbri ou ferreiros. e tiña como protectora as Santa Anunziata. Adoptouse a insignia dun lirio branco sobre fondo dourado e a sede escollida inicialmente foi a dos Mestres da Pedra e da Madeira no Chiasso dei Baroncelli. Trala unificación coa universidade de Por San Piero en 1583, o lugar foi trasladado aos Uffizi .
En 1770, Leopolodo II de Habsburgo suprimiu tódalas Artes establecendo a Cámara de Comercio.
Organización interna
[editar | editar a fonte]O mestre de obras chamábase magister operis e chegaba a este cargo despois de anos de experiencia grazas aos cales puido proxectar edificios e máquinas, organizar a obra dende o punto de vista práctico e supervisa-la execución das obras. O mestre era polo tanto arquitecto-enxeñeiro, pero non era a única figura profesional de referencia na obra pois, con el, colaboraban o mestre canteiro, o mestre carpinteiro e o director de colocación das cubertas, quen, mantendo unha función subordinada á súa dirección xeral, realizaba unha tarefa substancialmente diferente e máis especializada. A atribución da denominación de magister operis, agás en casos excepcionais, non se traducía en privilexios particulares en materia de remuneración ou de calquera outra índole; a xornada laboral tiña así a mesma duración para todos, 12 horas no verán e 8-9 no inverno, durante as que mestres e obreiros compartían os mesmos espazos.
Mentres moitos monumentos de estilo gótico e renacentista foron tomando forma, moitos outros foron destruídos pola calamidade máis recorrente da época: os lumes que se producían con frecuencia e se propagaban con facilidade debido á presenza de numerosas estruturas de madeira nas casas, pois estas se iluminaban exclusivamente con candeas e lámpadas de aceite. Os membros desta corporación tamén actuaron como bombeiros, acudindo ao lugar do incendio xunto cos cónsules do gremio, pero dificilmente podían conter o poder devastador do lume.
De feito, Dino Compagni relata o alcance destrutivo do incendio provocado na cidade en 1304 polos dirixentes dos Guelfi bianchi e neri (en galego, Güelfos brancos e negros) que utilizaron o letal substancia coñecida como lume grego, para destruír as casas dos Cavalcanti; o incendio estalou, atacando tamén as outras casas e destruíndo moitos outros edificios e tendas na zona comprendida entre o Mercato Vecchio e Ponte Vecchio, baixo a mirada indefensa dos florentinos:
arsono più che 1900 magioni: e niuno rimedio vi si poté fare [...]
arse tutto il midollo e tuorlo e cari luoghi della città di FirenzeDino Compagni Crónica
Patronos
[editar | editar a fonte]Os participantes do gremio de mestres da pedra e da madeira elixiron os Catro santos coroados como protectores. Segundo a lenda, Claudio, Nicostrato, Sinfronio e Castorio foron escultores romanos que se converteron ao cristianismo e cando se negaron a esculpir unha estatua de Esculapio para o emperador Diocleciano, foron martirizados a ser desollados vivos. Outra lenda medieval os convertía en constutores do Templo de Xerusalén .
As estatuas dentro do nicho da Igrexa de Orsanmichele foron esculpidas por Nanni di Banco ao redor de 1408; unha curiosa anécdota relata a vergoña de Nanni cando se decatou de que as súas figuras eran incapaces de encaixar no estreito espazo do tabernáculo e, polo tanto, tivo que buscar o consello do máis experimentado Donatello, que lle ofreceu a súa axuda a cambio dunha cea ofrecida aos aprendices do seu taller; en realidade os catro personaxes estaban tallados en tres bloques de mármore, polo que os dous personaxes da dereita obtivéronse dun só bloque.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte dei Maestri di Pietra e Legname |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artusi, Luciano (2005). Le arti e i mestieri di Firenze (en italiano). Roma: Newton & Compton. ISBN 88-541-0517-1.
- Giuliani, Marco (2006). Le Arti Fiorentine (en italiano). Florencia: Scramasax. LCCN 2007356260. OL 16222822M.