[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Aroliña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aroliña
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Cardiida
Superfamilia: Tellinoidea
Familia: Psammobiidae
Xénero: Gari
Especie: Gari depressa
Nome binomial
Gari depressa
(Pennant, 1777)
Sinonimia

Gari albanyana W. H. Turton, 1932
Gari vespertina gantica de Gregorio, 1895
Gari depressa normalis Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1895
Gari vespertina lactea Jeffreys, 1864
Gari vespertina livida Jeffreys, 1864
Gari affinis Reeve, 1856
Gari grata Deshayes, 1855
Gari variabilis Leach, 1852
Gari vespertinalis Blainville, 1826
Gari vespertinalis Blainville, 1824
Gari florida Lamarck, 1818
Gari variabilis Donovan, 1801
Gari violaceus Salis Marschlins, 1793
Gari vesperus Salis Marschlins, 1793
Gari vespertina (Gmelin, 1791)
Gari varia Poli, 1791
Gari vespertinus Gmelin, 1791
Gari gari Born, 1780

A aroliña (Gari depressa, Pennant 1777; antes Tellina depressa) é un molusco bivalvo da familia dos Psamóbidos (Psammobiidae), da orde Veneroida.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Semella unha arola de pequeno tamaño. Presenta unha cuncha sólida algo inequivalva, pois a valva dereita e lixeiramente máis convexa que a valva esquerda. O umbo centrado ou algo atrasado. No extremo posterior as valvas están separadas e o perfil é algo truncado. Non supera os 6,5 cm de eixo maior.

A superficie está marcada por liñas concéntricas que non constitúen verdadeiras costelas, cruzadas por liñas radiais moi finas, algo máis marcadas na parte posterior onde se agrupan semellando costelas. A marxe interior está finamente dentada.

A cor é branca ou crema, con bandas marróns ou púrpuras radiais. O periostraco, marrón escuro ou verdoso. O interior branco e ás veces púrpura, e pode presentar tamén tons alaranxados ou marelos.

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

Distribúese polo Atlántico, desde o mar do Norte ata Cabo Verde, incluíndo o Mediterráneo.

Vive sobre fondos de ares ou grava, na franxa infralitoral ata profundidades de 50 metros.

Só se captura accidentalmente, cando se anda a outras ameixas, coas que se pode comercializar mesturada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]