[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Asdingos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os asdingos foron un pobo xermánico, máis precisamente unha ramificación sur dos vándalos que se estableceu, por volta do século II, na área das actuais Romanía, Hungría, Polonia e Eslovaquia. No final do século III únense aos silingos, outra ramificación dos vándalos e van participar tamén na grande migración xermánica chegando á Península Ibérica e máis tarde ao norte de África.

Os vándalos asdingos foron desprazados polos hunos das chairas de Hungría e, tras intentar cruzar o Danubio, ben defendido por Estilicón, xeneral de Flavio Honorio emperador de Occidente, dirixíronse cara ao Rin arrastrando os vándalos silingos. A finais do século III únense aos silingos e en 406 cruzan o Rin por Maguncia e asolaron a Galia, indefensa, porque Estilicón retirou o seu exército para defender a Península Itálica dos visigodos de Alarico I, e invadiron a Península Ibérica no 409. Despois de firmar un foedus cos romanos, recibiron terras na Gallaecia.

En 419 Gunderico, o rei dos asdingos, tras ser derrotado polos suevos e os romanos na batalla dos montes Nervasos, marchou co seu exército á Bética, onde se converteu en rei de ámbalas dúas pólas dos vándalos (asdingos e mais silingos) e os alanos, mentres que o seu reino na Gallecia incorprouse ao reino suevo de Hermerico. Hidacio de Chaves non indica na súa crónica cal foi o destino da poboación do reino asdingo, se conseguiu fuxir á Bética ou, como era costume na época, foi reducida á escravitude. Máis tarde, o reino unido dos vándalos e alanos trasladouse ao norte de África ao mando de Xenserico, onde creou un reino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]