Barbas de raposo
Cuscuta epithymum | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuscuta epithymum | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Cuscuta epithymum é unha planta parasita nativa de Europa, pertencente á familia Convolvulaceae, aínda que estaba clasificada anteriormente na antiga familia Cuscutaceae. É un parasito notable do toxo ou das xestas. Ten os nomes populares de barbas de raposo, liño de raposo, etc.[1][2]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta parasita, herbácea, anual, sen follas e que se fixa aos seus hóspedes con pequenas raíces succionantes. Os seus hóspedes principais son a ortiga, o trevo e o lúpulo. Parasita tamén leguminosas, como as mencionadas toxos e xestas, e ericáceas. Ten o talo arroibado moi ramificado con escamas foliares. As flores son pequenas, brancas ou rosadas con corola de cinco lóbulos agrupados en glomérulos. O froito é unha cápsula.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Cuscuta epithymum foi descrita por Carl Linnaeus e publicado en Systemat Vegetabilium. Editio decima quarta 140. 1774.[3]
- Sinonimia
- Cuscuta acutiflora Rota
- Cuscuta campanulata Stokes
- Cuscuta coriariae Sennen & Pau
- Cuscuta epithymiphyta St.-Lag.
- Cuscuta europaea var. epithymum L.
- Cuscuta hygrogenes Gand.
- Cuscuta muelleri Strail
- Cuscuta trifolii Bab.
- Cuscuta ulicis Godr.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ E. Niño Ricoi e outros: Catálogo da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1995, px. 73. Tamén o recollen como barbas de raposo, liño de raposo ou liño de lebre os distintos lexicógrafos do Dicionario de dicionarios, s. v. raposo e s. v. liño.
- ↑ Nomes en Real Jardín Botánico
- ↑ "Cuscuta epithymum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de decembro de 2013.
- ↑ "Cuscuta epithymum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de decembro de 2009.