Branca (moeda)
A branca foi unha moeda castelá, de uso moi corrente e valor mínimo. Denominábase así pola cor branca que adquiría ó ser sometidas a unha operación de branqueo, o que as asemellaba á prata.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Instaurouna Pedro I como moeda de billón equivalente a medio marabedí. A partir de 1451 comezaron a emitirse brancas de lei moi baixa (62 unidades equivalían a un real de prata e pesaban 19 g). A partir da reforma de 1497 dos Reis Católicos emitíronse en cobre, de 1,2 gramos (68 unidades equivalían a un real). No reinado de Filipe II as brancas aínda se emitiron por peor lei e deixaron de baterse no reinado de Filipe III. Do ínfimo valor destas moedas procede a expresión quedar sen branca cando alguén queda sen absolutamente nada de diñeiro.
En Galicia cuñáronse na Real Casa da Moeda da Coruña[1].
Do seu uso quedou algunha pegada no refraneiro:
- Onde brúa unha vaca e un crego canta, nunca falta moeda branca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. [ISBN 84-605-9958-2]