Bursaphelenchus
Bursaphelenchus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bursaphelenchus xylophilus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Bursaphelenchus é un xénero de vermes nematodos da orde dos afelénquidos.
A maioría das súas especies son micrófagos obrigados, pero algúns aliméntanse de madeira, con dúas especies, Bursaphelenchus cocophilus e o nematodo do piñeiro (B. xylophilus), que son economicamente significativas como pragas das palmeiras e dos piñeiros. Dado que as especies deste xénero adoitan seren difíciles de distinguir entre si, excepto por nematólogos adestrados con acceso a microscopios ou análises de secuencias de ADN, o xénero completo está sometido a corentena nalgúns países. Porén, estes nematodos establécense como organismos modelo para a bioloxía, a ecoloxía e a xenética do desenvolvemento dos nematodos.[1]
No ano 2009, coñecíanse, segundo os autores, entre 70[2] e 90[3] especies no xénero. Porén, descríbense frecuentemente novos taxons.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]O xénero Bursaphelenchus contén unha única especie hermafrodita, B. okinawaensis, e máis de 100 especies gonocorísticas descritas.[4] Algunhas especies ás veces son beneficiosas cando reducen a carga de fungos no interior da madeira, pero cando consomen o tecidos vexetais son coñecidas por causar a morte de árbores.[1]
Estes nematodos son foréticos, e dispérsanse entre as árbores cando as súas larvas dauer son transportadas por insectos.[5] As especies implicadas inclúen diversos tipos de escaravellos e de abellas que aniñan no chan. Non se coñecee ben o proceso de formación da larva dauer, pero é de interese investigalo porque é importante nas epidemias de enfermidades dos vexetais causadas por estes nematodos, como o nematodo do piñeiro.[1]
Algunhas especies seleccionadas
[editar | editar a fonte]O xénero Bursaphelenchus inclúe, entre outras, as seguintes especies:[1][6]
- Bursaphelenchus abietinus
- Bursaphelenchus abruptus
- Bursaphelenchus africanus
- Bursaphelenchus anatolius
- Bursaphelenchus antoniae
- Bursaphelenchus arthuri
- Bursaphelenchus borealis
- Bursaphelenchus chitwoodi
- Bursaphelenchus clavicauda
- Bursaphelenchus cocophilus
- Bursaphelenchus conicaudatus
- Bursaphelenchus doui
- Bursaphelenchus eggersi
- Bursaphelenchus eremus
- Bursaphelenchus fraudulentus
- Bursaphelenchus fungivorus
- Bursaphelenchus gerberae
- Bursaphelenchus hellenicus
- Bursaphelenchus hildegardae
- Bursaphelenchus hofmanni
- Bursaphelenchus hunti
- Bursaphelenchus hylobianum
- Bursaphelenchus kevini
- Bursaphelenchus mucronatus
- Bursaphelenchus okinawaensis
- Bursaphelenchus paracorneolus
- Bursaphelenchus parvispicularis
- Bursaphelenchus pinasteri
- Bursaphelenchus piniperdae
- Bursaphelenchus platzeri
- Bursaphelenchus poligraphi
- Bursaphelenchus rainulfi
- Bursaphelenchus sachsi
- Bursaphelenchus seani
- Bursaphelenchus sexdentati
- Bursaphelenchus sinensis
- Bursaphelenchus singaporensis
- Bursaphelenchus thailandae
- Bursaphelenchus tusciae
- Bursaphelenchus vallesianus
- Bursaphelenchus xylophilus
- Bursaphelenchus yongensis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Kanzaki, N.; et al. (2008). "First report of parthenogenesis in the genus Bursaphelenchus Fuchs, 1937: A description of Bursaphelenchus okinawaensis sp. nov. isolated from Monochamus maruokai (Coleoptera: Cerambycidae)". Zool. Sci. 25 (8): 861–73. PMID 18795821. doi:10.2108/zsj.25.861.
- ↑ Kikuchi, T.; et al. (2009). "Identification of putative expansin-like genes from the pine wood nematode, Bursaphelenchus xylophilus, and evolution of the expansin gene family within the Nematoda" (PDF). Nematology 11 (3): 355–64. doi:10.1163/156854109x446953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de abril de 2020.
- ↑ Han, H.; et al. (2009). "First report of Bursaphelenchus pinophilus on Korean pine (Pinus koraiensis)". Plant Disease 93 (12): 1354. PMID 30759530. doi:10.1094/pdis-93-12-1354c.
- ↑ Shinya, Ryoji; et al. (2014). "Evidence of Hermaphroditism and Sex Ratio Distortion in the Fungal Feeding Nematode Bursaphelenchus okinawaensis". G3 4 (10): 1907–17. PMC 4199697. PMID 25122669. doi:10.1534/g3.114.012385.
- ↑ As larvas dauer (do alemán Dauer, "duración") son un estadio que se presenta durante o desenvolvemento dalgúns nematodos como resposta a condicións ambientais adversas. Estas larvas caracterízanse principalmente porque durante este estadio non se alimentan e presentan una cutícula máis resistente que a das larvas do desenvolvemento regular do nematodo.
- ↑ Ryss, A.; et al. (2005). "A synopsis of the genus Bursaphelenchus Fuchs, 1937 (Aphelenchida: Parasitaphelenchidae) with keys to species" (PDF). Nematology 7 (3): 393–458. doi:10.1163/156854105774355581. hdl:10174/6709.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bursaphelenchus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gu, J. F.; He, J.; Wang, J. L. & Chen, X. F. (2014): "Bursaphelenchus posterovulvus sp. n. (Nematoda: Parasitaphelenchidae) in packaging wood from Singapore". Nematology 16 (4): 403–410. Resume.
- Gu, J. F.; Wang, N.; He, J.; |Wang, J. L.; Chen, X. F. & Wang, X. A. (2014): "Description of Bursaphelenchus yuyaoensis n. sp. (Nematoda: Aphelenchoididae) isolated from Pinus massoniana in China". Nematology 16 (4): 411–418. Resume.
- Tanaka, S. E.; Tanaka, R.; Akiba, M.; Aikawa, T.; Maehara, N.; Takeuchi, Y. & Kanzaki, N. (2014): "Bursaphelenchus niphades n. sp. (Tylenchina: Aphelenchoididae) amensally associated with Niphades variegatus (Roelofs) (Coleoptera: Curculionidae)". Nematology 16 (3): 259–281. Resume.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bursaphelenchus na EOL.
- Bursaphelenchus no ITIS.