Galicia en Cataluña
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Galicia en Cataluña | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia en Cataluña foi unha publicación do Centro Galego de Barcelona editada de 1929 a 1931.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la Colonia Gallega de Cataluña, apareceu en xaneiro de 1929.[1] Estaba dirixida por Luís Suárez Delgado.[2] Tiña unha saída mensual e proporcionaba cobertura á vida asociativa e aos sucesos contemporáneos vinculados a Galiza, como por exemplo a Semana Galega da Exposición Internacional de Barcelona.
Desde o punto de vista literario, Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas ou Salvador Golpe enchían a sección de poesía coas súas creacións e, esporadicamente, Labarta Pose, Núñez de Arce e Portela Pérez achegaban os seus contos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Vanguardia, 25-1-1929, p. 15.
- ↑ Igrexas, Manuel: "Luís Suárez, o galeguista de Barcelona" (30/8/2012) en Historias de Deza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peña Saavedra, V. (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. p. 52. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 225. ISBN 84-8288-137-X.