Galicia en Madrid (1905)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia en Madrid.
Galicia en Madrid | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia en Madrid foi unha revista editada en Madrid entre 1905 e 1906.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Revista literaria de carácter semanal defensora dos intereses galegos, apareceu o 3 de decembro de 1905[1]. Editada polo Centro Galego de Madrid, estaba dirixida por José Eleicegui López[2]. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Francisco Portela Pérez, José Rivas Montenegro[3] e Alfredo García Ramos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega, 29-11-1905, p. 3.
- ↑ El Noroeste, 17-12-1905, 2.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 31-3-1906, p. 3.