Gran Premio do Canadá de 1999
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 6 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999. | ||
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve. | ||
Data | 13 de xuño de 1999 | |
Nome oficial | XXXVII Grand Prix Air Canada | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve Montreal, Quebec, Canadá | |
Percorrido | Circuíto urbano 4´421 km | |
Distancia | 69 voltas, 305´049 km | |
Clima | Cálido con temperaturas próximas aos 31 °C, vento ata 5´1 km/h[1] Pista 41º - 43 °C. | |
Pole position | ||
Piloto | Ferrari | |
Tempo | 1:19.298 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Ferrari | |
Tempo | 1:20.382 na volta 62 | |
Podio | ||
Primeiro | McLaren-Mercedes | |
Segundo | Benetton-Playlife | |
Terceiro | Ferrari |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio do Canadá de 1999[2] (oficialmente o 1999 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 13 de xuño de 1999 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Quebec, Canadá. A carreira de 69 voltas foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1999. A carreira destacou polas catro colisións ocorridas na curva 13 e pola cantidade de veces que saíu o coche de seguridade. A curva 13, a chicana final, tivo catro choques distintos nos que un piloto abriuse ou trompeo contra o muro. Tres dos pilotos que chocaron alí, gañaran previamente o Campionato de Pilotos, o que levou a que o muro fose coñecido como "Wall of Champions" (o muro dos campións). O coche de seguridade foi despregado catro veces durante a carreira, un récord na época e foi a primeira carreira de F1 en rematar tras o coche de seguridade tras o grande accidente de Heinz-Harald Frentzen a catro voltas dofinal.[3]
Informe
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte].
Os pilotos dianteiros saíron da liña de saída de forma limpa, e Michael Schumacher mantivo o primeiro posto logo de comezar na pole por primeira vez en 1999. Jarno Trulli, que partía do noveno posto, saíu do circuíto intentando pasar Heinz-Harald Frentzen polo interior na primeira volta. Trulli trompeou na primeira curva, leándose por diante a Jean Alesi e Rubens Barrichello. Trulli e Alesi retiráronse e se despregou o coche de seguridade. Alexander Wurz tamén se retirou con problemas de transmisión.[4]
Ricardo Zonta retirouse na volta 3 despois de trompear no muro da curva 13. Parou xusto ao carón da pista, perdendo a súa roda traseira dereita, o que obrigou a saír ao coche de seguridade de novo. Zonta foi o primeiro dos catro pilotos que golpeou o "Muro dos Campións" nesta carreira. Na volta 15, Damon Hill converteuse no segundo piloto en golpear o muro da curva 13. Hill puido sacar o coche da pista nun lugar seguro e o coche de seguridade non saíu. Michael Schumacher bateu no muro na volta 30, deixando o liderado a Mika Häkkinen. O cuarto e último piloto en chocar contra o muro foi Jacques Villeneuve na volta 35, saíndo o coche de seguridade por terceira vez. Hill, Schumacher e Villeneuve eran tres dos catro pilotos campións do mundo de Fórmula 1 que competían na carreira.[5]
Na volta 41 reiniciar despois do accidente de Villeneuve, David Coulthard intentou pasar polo exterior a Eddie Irvine na primeira curva, e logopolo interior da segunda curva. Tocáronse e ambos trompearon. Ambos foron capaces de seguir, aínda que Coulthard tivo que poñer un morro novo. O cuarto e último coche de seguridade de carreira saíu na volta 66 despois de que Heinz-Harald Frentzen, que marchaba en segundo lugar, sufrira un fallo nos freos e tivera un grande accidente. Saíu ileso. O coche de seguridade retirouse ao final da última volta e Mika Häkkinen gañou a carreira.[4] Eddie Irvine logrou a súa primeira volta rápida[6] e rematou terceiro detrás de Giancarlo Fisichella.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | McLaren-Mercedes | 69 | 1:41:35.727 | 2 | 10 | |
2 | 9 | Benetton-Playlife | 69 | +0.782 | 7 | 6 | |
3 | 4 | Ferrari | 69 | +1.797 | 3 | 4 | |
4 | 6 | Williams-Supertec | 69 | +2.392 | 13 | 3 | |
5 | 17 | Stewart-Ford | 69 | +2.805 | 10 | 2 | |
6 | 12 | Sauber-Petronas | 69 | +3.711 | 18 | 1 | |
7 | 2 | McLaren-Mercedes | 69 | +5.004 | 4 | ||
8 | 21 | Minardi-Ford | 68 | +1 volta | 22 | ||
9 | 18 | Prost-Peugeot | 68 | +1 volta | 15 | ||
10 | 20 | Minardi-Ford | 67 | +2 voltas | 21 | ||
11 | 8 | Jordan-Mugen-Honda | 65 | Freos/accidente | 6 | ||
Ret | 5 | Williams-Supertec | 50 | Freos | 12 | ||
Ret | 15 | Arrows | 41 | Transmisión | 19 | ||
Ret | 22 | BAR-Supertec | 34 | Accidente | 16 | ||
Ret | 3 | Ferrari | 29 | Accidente | 1 | ||
Ret | 14 | Arrows | 22 | Transmisión | 20 | ||
Ret | 7 | Jordan-Mugen-Honda | 14 | Accidente | 14 | ||
Ret | 16 | Stewart-Ford | 14 | Dirección/accidente | 5 | ||
Ret | 23 | BAR-Supertec | 2 | Trompo | 17 | ||
Ret | 11 | Sauber-Petronas | 0 | Colisión | 8 | ||
Ret | 19 | Prost-Peugeot | 0 | Colisión | 9 | ||
Ret | 10 | Benetton-Playlife | 0 | Transmisión | 11 | ||
Fontes:[2][8] |
Notas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas:
- 1ª (e única) volta rápida de Eddie Irvine.
- 25º participación para Alexander Wurz.
- 1º Gran Premio de Fórmula 1 en terminar detrás do coche de seguridade, circunstancia que non volveu a ocorrer ata o Gran Premio de Australia de 2009.
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1999 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1999 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1999 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1998 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2000 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1999 Canadian GP: Weather". The Old Farmers' Almanac. Consultado o 26 de xuño de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "1999 Canadian Grand Prix". The Official Formula 1 Website. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ "Formula One Safety Car". F1 Technical. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 "Grand Prix of Canada Review". Autosport. 13 de xuño de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
- ↑ "Murray's Memories: F1 Canadian GP 1999: 'The Wall of Champions'". BBC Sport. 5 de xuño de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
- ↑ "1999 Canadian GP: Overview". ChicaneF1.com. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
- ↑ "1999 Canadian GP". chicanef1.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2022. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
- ↑ "1999 Canadian GP". chicanef1.com. Consultado o 17 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 1999 |