[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Gran Premio do Reino Unido de 1998

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 1998
Nome oficialLI RAC British Grand Prix Editar o valor em Wikidata
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento60 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167Coordenadas: 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude5,891 km Editar o valor em Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor em Wikidata
Data12 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor em Wikidata
Pole positionMika Häkkinen Editar o valor em Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor em Wikidata

O Gran Premio do Reino Unido de 1998 (oficialmente o LI RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de xullo de 1998 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena rolda da tempada de Fórmula Un de 1998. A carreira de 60 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando un Ferrari tras comezar desde a segunda posición. Mika Häkkinen, que comezou desde a pole position, terminou segundo con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a cuarta da tempada, e a súa terceira vitoria consecutiva logo de gañar no Canadá e no Gran Premio de Francia, pero foi baixo circunstancias controvertidas, evitou un stop-and-go ao ingresar no pit lane para facelo na última volta, cruzando a liña de chegada no pit lane para gañar a carreira antes de chegar ao seu box, aínda que a penalozacoón foi posteriormente rescindida.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Mika Häkkinen logoru a pole por case medio segundo sobre o seu rival Michael Schumacher. Jacques Villeneuve tomou a terceira posición, mentres que o compañeiro de equipo de Häkkinen, David Coulthard, clasificouse na cuarta posición. A Ralf Schumacher e Olivier Panis elimináronlles os tempos porque non puideron saír dos seus coches o suficientemente rápido durante un simulacro de seguridade da FIA, para practicar a evacuación da cabina en caso de incendio. Ralf Schumacher trompeou e calou o motor no inicio da clasificación e cualificou no coche de reposto, que estaba preparado para o seu compañeiro de equipo, Damon Hill.

A choiva caeu durante a mañá antes da carreira. Aínda que a choiva parou antes do inicio, houbo unha mestura de zonas húmidas e secas no circuíto e, como resultado, todos menos dous coches comezaron con pneumáticos de composto intermedios. Os dous Stewart-Fords decidiron comezar con pneumáticos de seco.[1] A primeira retirada chegou logo de 13 voltas, cando Damon Hill perdeu o control na pista húmida mentres loitaba con Villeneuve polo sétimo lugar. Tras 16 voltas, comezou a chover novamente, e moitos pilotos montaron o pneumático de chuvia. Johnny Herbert trompeou e regresou á pista, pero danou o seu coche e retirouse ao chegar aos boxes.

David Coulthard retirándose da carreira

David Coulthard, con intermedios, trompeou na volta 38 mentres pasaba a un dobrado. Jarno Trulli trompeou na mesma volta que Coulthard cando Barrichello trompeou e bateu contra o muro no Club na volta 40. O seu compañeiro de equipo de McLaren Mercedes Mika Häkkinen construíu unha vantaxe de 49 segundos sobre o segundo piloto, Michael Schumacher cando catro voltas despois saíuse do circuíto, fixo un trompo completo de 360º antes de continuar. O incidente danou o alerón dianteiro do seu coche e custoulle 10 segundos de ventaxe pero logo de varias voltas de empeoramento das condicións climatolóxicas, saíu o coche de seguridade que desacelerou os coches e eliminou por completo a vantaxe de Häkkinen sobre Schumacher.[2]

A carreira reiniciouse na volta 50 e só pasaron dúas voltas antes de que Häkkinen cometese outro erro, o que puxo a Schumacher á cabeza. O alemán rapidamente distanciose do seu rival, que agora estaba cuidaba o seu McLaren.

Michael Schumacher e David Coulthard lado a lado

No entanto, dúas voltas antes do final, Schumacher recibiu unha penalización de stop & go por pasar Giancarlo Fisichella[3] co coche de seguridade na pista na volta 43. Tiña que entrar aos pits dentro de tres voltas para cumprir a súa penalización, o que fixo entrando no pit lane na última volta da carreira, pero ao facelo cruzou a liña de meta, que se estende ao longo do pit lane, antes de chegar ao seu boxs e gañou a carreira sen cumprir a penalización. O seu equipo argumentou que a penalización debería emitirse no prazo de 25 minutos logo do incidente, pero que foron informados logo de 31 minutos. Tamén argumentaron que a notificación manuscrita non estaba clara en canto a que penalización se emitiu realmente: un stop-and-go ou unha suma de 10 segundos ao tempo de carreira de Schumacher. Os comisarios entón decidiron aplicar a adición de 10 segundos despois da carreira. Con todo, a penalización de tempo adicional só se pode empregar para castigar unha infracción nas últimas 12 voltas dun Gran Premio, polo que non se aplicou aquí. Os comisarios eventualmente cancelaron a penalización por completo.[4] Presentouse unha protesta por parte de McLaren e Mercedes, que se sentían enganados por Ferrari por non ter Schumacher que cumprir a penalización, pero esta foi rexeitado pola FIA. Como resultado, os tres comisarios entregaron as súas licenzas nunha reunión extraordinaria do Consello Mundial da FIA.[5]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Volta Diferenza
1 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:23.271
2 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:23.720 +0.449
3 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:24.102 +0.831
4 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:24.310 +1.039
5 4 Eddie Irvine Ferrari 1:24.436 +1.165
6 2 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:24.442 +1.171
7 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:24.542 +1.271
8 14 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 1:25.081 +1.810
9 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:25.084 +1.813
10 5 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:25.654 +2.383
11 6 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:25.760 +2.489
12 16 Pedro Diniz Arrows 1:26.376 +3.105
13 17 Finlandia Mika Salo Arrows 1:26.487 +3.216
14 12 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:26.808 +3.537
15 19 Países Baixos Jos Verstappen Stewart-Ford 1:26.948 +3.677
16 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:26.990 +3.719
17 21 Xapón Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:27.061 +3.790
18 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:28.051 +4.780
19 22 Xapón Shinji Nakano Minardi-Ford 1:28.123 +4.852
20 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:28.608 +5.337
21 10 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda Sen tempo[6]
22 11 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot Sen tempo[6]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 60 1:47:02.450 2 10
2 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 60 +22.465 1 6
3 4 Eddie Irvine Ferrari 60 +29.199 5 4
4 6 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 59 +1 volta 11 3
5 5 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 59 +1 volta 10 2
6 10 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 59 +1 volta 21 1
7 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 59 +1 volta 3
8 22 Xapón Shinji Nakano Minardi-Ford 58 +2 voltas 19
9 21 Xapón Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 56 +4 voltas 17
Ret 14 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 53 Eléctrico 8
Ret 16 Pedro Diniz Arrows 45 Trompo 12
Ret 11 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 40 Trompo 22
Ret 18 Brasil Rubens Barrichello Stewart-Ford 39 Accidente 16
Ret 19 Países Baixos Jos Verstappen Stewart-Ford 38 Motor 15
Ret 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 37 Trompo 4
Ret 12 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 37 Trompo 14
Ret 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 29 Trompo 20
Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 29 Trompo 18
Ret 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 27 Trompo 9
Ret 17 Finlandia Mika Salo Arrows 27 Trompo 13
Ret 2 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 15 Trompo 6
Ret 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 13 Trompo 7
fonte:[7]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1998
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1998
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1998
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1997
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1999
  1. Autosport.com: British Grand Prix Review
  2. BBC News:Schumacher wins British GP
  3. Lindsay, Alasdair. "Classic British Grand Prix: 1998". The Checkered Flag. Consultado o 10 de xullo 2018. 
  4. "Scandal at Silverstone"
  5. "...but the stewards get the axe"
  6. 6,0 6,1 Os tempos de clasificación de Ralf Schumacher e Olivier Panis foron eliminados porque fallaron nun simulacro de seguridade da FIA.
  7. "1998 British Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]