Reló
Reló Dosinia exoleta | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dosinia exoleta | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Dosinia exoleta (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O reló, Dosinia exoleta, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, común en Galicia.
A súa cuncha é grosa e practicamente circular, de ata 60 mm de diámetro.[2] O talle mínimo de captura e comercialización é de 30 mm.
Ademais do nome de reló, derivado da forma circular da cuncha, recibe tamén os nomes de reloxo, reloxito, moelo, ameixa de can, arola e tato.[3][4][5][2] En Panxón chaman reló a outro molusco, o carneiro (Venus verrucosa).[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]A cuncha é grosa, equilátera, case circular e cuberta de finas estrías concéntricas, moi apertadas.[2] A cor da cuncha é cremosa ou castaña clara, con manchas máis escuras irregularmente repartidas e, ás veces, dispostas en bandas radiais ou en zigzag, de cor castaña ou rosada, características desta especie.[2]
O interior é branco e distínguese facilmente o seo paleal, profundo e triangular, que chega ao centro da cuncha.[5]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]A especie está presente ao longo de todo o Atlántico, desde Noruega ao Senegal, así como no Mediterráneo.[1]
Vive en augas pouco profundas da rexión infralitoral ata os 75 m de profundidade.[2]
Pesca
[editar | editar a fonte]Captúrase mediante marisqueo a flote, con rastro. En menor cantidade, tamén no marisqueo a pé, co sacho.
Ten a carne dura, o que diminúe a súa valoración gastronómica. Consómese á mariñeira, en arroces ou en conserva.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cuncha fósil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Dosinia exoleta Linnaeus, 1758 no WoRMS. (Consultado o 04-12-2013).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rolán e Schmittt (1966).
- ↑ Nin o termo reló nin o de moelo figuran no VOLGa nin no dicionario en liña da RAG, pero son os nomes que lle dá a este molusco a Consellería do Mar na súa documentación oficial de fichas de especies pesqueiras.
- ↑ 4,0 4,1 Ríos Panisse, M. C. (1977).
- ↑ 5,0 5,1 Ramonell, R. (1985).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Reló |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Reló |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
- Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rolán, Emilio e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.