[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Daniel Martinazzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Martinazzo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
San Juan, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns, dirixente deportivo Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsValentín Martinazzo
Raúl Martinazzo
Luis Eduardo Martinazzo
José Martinazzo Editar o valor en Wikidata

Daniel Domingo Martinazzo Mattar, nado en San Juan o 9 de xaneiro de 1958, é un ex xogador de hóckey a patíns arxentino.

Considerado o mellor xogador arxentino da historia e un dos mellores xogadores a nivel global de todos os tempos, desenvolveu a maior parte da súa carreira no Liceo da Coruña, sendo o maior emblema da historia do club. É o máximo goleador histórico do Liceo, con 661 goles, e conquistou con el un total de 21 títulos: cinco ligas, catro Copas do Rei, tres Copas de Europa, tres Copas Intercontinentais, unha Recopa de Europa, unha Copa CERS e catro Supercopas de Europa. Ademais foi catro veces máximo goleador da liga española. Xogou tamén en Italia, onde gañou dúas ligas italianas e unha Copa CERS co HC Amatori Vercelli.

A nivel internacional, foi dúas veces campión do mundo coa selección arxentina, coa que gañou ademais a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 1979.

En 1978 recibiu o Premio Olimpia de Ouro coma o deportista arxentino máis destacado do ano. En 1980 e 1990 recibiu o Premio Konex de Platino como mellor xogador arxentino da década na súa especialidade. Martinazzo tamén destacou polo seu xogo limpo, recibindo en 1980 o premio ao xogador máis correcto do Campionato do Mundo dese ano. En 1983, o Comité Olímpico Italiano outorgoulle a medalla ao Mérito Deportivo.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Nado o 9 de xaneiro de 1958, a capital do hóckey a patíns na Arxentina, onde comeza a xogar no Club Deportivo Unión Estudiantil. Destaca moi novo, debutando coa selección arxentina sub-18 con 11 anos e proclamándose campión arxentino xuvenil aos 13. Na Arxentina gañou catro campionatos nacionais.

A principios dos anos '80 trasladouse a Europa, ao HC Castiglione della Pescaia. Xogou no H.C. Liceo entre 1981 e 1982, proclamándose máximo goleador da liga, trofeo que repetiría nos anos 1985, 1986 e 1988, e gañando a Copa CERS e Copa do Rei. En 1982 fichou polo HC Amatori Vercelli italiano[1], club no que permaneceu dúas tempadas e co que gañou dúas ligas e unha Copa CERS. En 1984 volveu ao H.C. Liceo[2][3] co que conseguiu cinco ligas, tres Copas do Rei, tres Copas de Europa, tres Copas Intercontinentais, unha Recopa de Europa e catro Supercopas de Europa. Marcou un total de 661 goles co Liceo, sendo o máximo goleador da historia do club.[4]

Nunha reportaxe realizada polo diario El País (España), Martinazzo definía do seguinte xeito as Características do hóckey a patíns en Argentina:

O que aportamos nós ao hóckey é esa filigrana, esa cousa bonita, os valores da individualidade consciente, o xeito de ser... O fundamental para un bo xogador de hóckey é que sexa un excelente patinador, que teña mobilidade e reflexos e, posteriormente, que domine os mediadores, o pao e a bola. Eso lógrase con tempo e adestramento.[5]

Foi 111 veces internacional coa selección arxentina. Con 18 anos disputou o seu primeiro Campionato do Mundo, no que foi subcampión en 1976 en Oviedo. Dous anos máis tarde gañou o campionato celebrado na súa cidade natal, San Juan. Foi novamente subcampión en Talcahuano (Chile) en 1980 e proclamouse campión por segunda vez en Novara (Italia) en 1984. Tamén gañou a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos celebrados en San Xoán de Porto Rico en 1979.

Retirouse como xogador en 1993. Posteriormente foi presidente da Federación Sanjuanina de Patín entre os anos 1994 e 2003. É considerado un dos mellores xogadores dos anos 80.

Dende o 2006, o Torneo Internacional de Hóckey a Patíns San Juan leva o seu nome, disputándose a Copa Daniel Martinazzo.[6][7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Selección arxentina

[editar | editar a fonte]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]