Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1979-1980 da Liga Nacional de rugby foi a décimo terceira edición da máxima categoría do rugby en España, e a segunda cun formato composto por 4 grupos. A liga contou con 32 equipos. O calendario da competición estivo formado por 14 xornadas mais tres pertencentes á fase final. Na primeira fase enfrontáronse entre si dúas veces tódolos equipos de cada grupo, denominados "Levante", "Centro", "Sur" e "Norte". Na segunda fase enfrontáronse entre si os campións de cada grupo nunha liguiña denominada "Superliga" para determinar o campión do torneo, que finalmente foi o CAU Madrid.
O sistema de puntuación foi o seguinte:
- 2 puntos por vitoria.
- 1 punto por empate.
- 0 puntos por derrota.
- 1 punto por encontro xogado.
O CAU Madrid acadou o campionato nacional de liga, con 38 puntos no grupo Centro e 9 puntos na Superliga, totalizando 15 vitorias en 17 encontros. Foi o 2º título de liga para o club madrileño.