[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Dibamus novaeguineae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dibamus novaeguineae
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Dibamia
Familia: Dibamidae
Xénero: Dibamus
Especie: D. novaeguineae
Nome binomial
Dibamus novaeguineae
Duméril & Bibron, 1839
Sinonimia
Véxase o texto

Dibamus novaeguineae é unha especie de réptil escamoso da suborde dos lacertilios,[2] o tipo da infraorde dos dibamios e da familia dos dibámidos.

É un lagarto sen patas que vive en Filipinas, Indonesia e Malaisia.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1839 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril e polo tamén zooólogo francés, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron,[2] na súa obra Erpétologie générale, ou histoire naturelle complète des reptiles. Tome cinquième. París: Librairie Encyclopédique de Roret. (Ver texto completo en liña). Consultado o 7 de novembro de 2019.

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Dibamus.

O epíteto específico, novaeguineae, alude ao lugar onde se describiu o espécime tipo, Nova Guinea.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:.[3]

  • Acontias subcaecus Duméril & Bibron, 1839
  • Dibamus novae-guineae Boulenger, 1897
  • Typhlina ludekingi Bleeker, 1860
  • Thyphloscincus martensii Peters, 1864

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A especie encóntrase en Indonesia (Papúa, Molucas, Sulawesi, Kalimantan); Malaisia (Sabah, Sarawak) e Filipinas, e a súa presenza é incerta en Brunei e Sumatra. Coñécese desde as illas do sur de Filipinas: Basilán, Cebú, Negros, Mindanao, Palawan, Tawi Taw e Camiguín, así como Papahag e Inampulupan nas illas menores da Sonda. En Indonesia rexistrouse desde as illas molucanas de Ternate, Halmahera e Lembeh, o no norte, o centro e o suroeste de Sulawesi, e no oeste de Nova Guinea.[1]

Pode encontrarse el altitudes entre os 15 e do 909 m, non só no solo de bosques naturais ou secundarios, tamén xunto ás marxes forestais, as plantacións de abacá e de coco, os prados arborados, e os bosques de dípterocarpos.[4][5][6]. Esta especie foi observada debaixo de pedras, dentro ou debaixo de troncos podres e nas capas de follas da selva tropical. Non hai información dispoñíbel sobre a ecoloxía desta especie en Nova Guinea, da que non se coñecen rexistros recentes.[1]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha ampla área de distribución en Filipinas, Malaisia ​​e o leste de Indonesia, e que está adaptada a unha ampla gama de hábitats naturais e que pode tolerar un certo grao de modificación do hábitat e, aínda por riba, de que non existen importantes ameazas que afecten á súa poboación, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Oliver, P.; Allison, A.; Tallowin, O.; Hallermann, J.; Iskandar, D. & McGuire, J. (2018): Dibamus novaeguineae na Lista vermella da UICN. Consultada o 7 de novembro de 2019.
  2. 2,0 2,1 Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.
  3. 3,0 3,1 "Dibamus novaeguineae". The Reptile Database. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  4. Hallermann, J. (2010): Dibamus novaeguineae na Lista vermella da UICN.
  5. Greer, A. E. 1985, pp. 116-156.
  6. Diaz, R. E. et al. 2004, pp. 1-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cole, C.J. & Gans, C. (1997): "The karyotype of Dibamus novaeguineae (Squamata: Dibamidae)". Herpetologica 53 (2): 229–232.
  • Das, I. & Lim, K. K. P. (2003): "Two new species of Dibamus (Squamata: Dibamidae) from Borneo". The Raffles Bulletin Of Zoology 51(1): 137-141.
  • Díaz, R. E.; Leong, M. T.; Grismer, L. L. & Yaakob, N. S. (2004): "A new species of Dibamus (Squamata: Dibamidae) from West Malaysia". Asiatic Herpetological Research 10: 1-7.
  • Gaulke, M. (1995): "Der Sulu-Archipel-Besiedlungsgeschichte, geologie und herpetofauna". Natur und Museum 125 (7): 217-226.
  • Greer, A. E. (1985): "The relationships of the lizard genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116-156.
  • Koch, A. (2012): Discovery, Diversity, and Distribution of the Amphibians and Reptiles of Sulawesi and its Offshore Islands. Edition Chimaira. ISBN 978-3-8997-3432-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]