Einion ap Gwalchmai
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Irmáns | Meilyr ap Gwalchmai |
O poeta cortesán galés Einion ap Gwalchmai (fl. 1202 - 1223) foi fillo do poeta Gwalchmai ap Meilyr e irmán do tamén poeta Meilyr ap Gwalchmai. Viviu en Gwynedd. Da súa obra chegaron ata nós algunhas liñas dun poema de louvanza a Llywelyn ab Iorwerth, Príncipe de Gwynedd, xunto con tres impresionantes awdlau (odas) relixiosas. O seu poema máis notábel é, se cadra, o seu marwnad (pranto) a Nest ferch Hywel, de Dywyn, Meirionnydd: ábrese con seis versos dedicados ao mes de maio:
- Amser Mai, maith dydd, neud rhydd rhoddi,
- Neud coed nad ceithiw, ceinlliw celli.
- Neud llafar adar, neud gwâr gweilgi,
- Neud gwaeddgreg gwaneg gwynt yn edwi,
- Neud erfai ddoniau goddau gweddi,
- Neud argel dawel, nid mau dewi.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bedwyr Lewis Jones (ed.), Gwŷr Môn (Y Bala, 1979). Artigo de Tomos Roberts.
- J.E. Caerwyn-Williams (ed.), Gwaith Meilyr Brydydd a'i ddisgynyddion (Cardiff, 1994). ISBN 0-7083-1187-3