El Despertar Gallego (1905)
El Despertar Gallego | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Buenos Aires |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Despertar Gallego foi un periódico quincenal editado en Buenos Aires entre 1905 e 1906.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Publicación quincenal independiente, apareceu o 8 de setembro de 1905. Estaba dirixido por José Carballas Rey e J. B. Fernández, e contou coa colaboración de Vicente Medina, Luís Sánchez e Félix Cuguerella. Era unha publicación quincenal independente en castelán que trataba problemas da colectividade emigrada, denunciaba os abusos aos galegos e realiza un labor crítico coas asociacións galegas desde postulados socialistas e sindicalistas. Tamén informaba sobre a actualidade galega e española. No seu número 3 publicou o Catecismo da doutrina labrega.[1] Manitivo polémica coa Revista Gallega por considerar inútil o labor de promoción da Real Academia Galega. No número 10, que foi o seu último número, indican o seu interese por converterse nun semanario co título de El Despertar Hispano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Despertar Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Despertar Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 136–137. ISBN 84-87172-30-X.