[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Eleccións xerais da República Democrática do Congo de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións xerais da República Democrática do Congo de 2006
 ← 1984 (en) Traducir Editar o valor en WikidataRepública Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata 2011 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  → 
Data30 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata
TipoDemocratic Republic of the Congo general election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Mapa dos resultados das eleccións.
Vermello: Joseph Kabila
Azul: Jean-Pierre Bemba
Verde: Antoine Gizenga.

As eleccións xerais da República Democrática do Congo realizáronse, tras a segunda guerra do Congo, o 30 de xullo de 2006. Foron as primeiras eleccións multipartidistas desde a independencia do país en 1960.

Escolleuse, mediante sufraxio universal, ao presidente e un novo Parlamento Nacional. Nas eleccións presidenciais, os dous principais candidatos eran Joseph Kabila e Jean-Pierre Bemba Gombo. Finalmente, na segunda volta resultou vencedor Kabila, derrotando por case tres millóns de votos a Bemba. En canto ás eleccións lexislativas, dos 500 escanos en xogo, o Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia, dos partidarios de Kabila, levou 111. O segundo partido máis votado foi o Movemento de Liberación do Congo con 64 deputados. Saíu un parlamento moi fragmentado, con decenas de partidos políticos, a gran maioría con menos de 5 asentos na asemblea.

Segundo a Comisión Electoral Independente, a participación electoral situouse arredor dun 80% sobre un total de 25 millóns de votantes rexistrados.